VICTORIA DO FISOBER FSF CON REMONTADA O MEIGAS FS, (1-2), NA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

 F.C. MEIGAS 1-2 FISOBER F.S.F. 

MEIGAS: Uxía, Malena, Iria, María, Teresa; tamén xogaron: Maite, Paula, Martina.

FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Mai ; tamén xogaron: María Dumbría, Carre, Nuriña, Saray.

ÁRBITROS: Rafael Alberto Tovar Rodríguez , Vanesa Varela Rivas.

GOLES: 1-0 min 11 Martina, 1-1 min 17 Saray, ( descanso), 1-2 min 27 Mai.

Partido disputado na tarde do domingo no P. M. de Bertamiráns correspondente a 8ª xornada e primeira da segunda volta correspondente ao subgrupo A da Preferente Galicia-Liga Autonómica.

Partido marcado pola lesión da local Malena a que dende o Fisober desexamos que todo quede nun susto e que poida voltar as pistas o antes posible.

O Fisober levouse os tres puntos nun partido igualado e no que a boa noticia para as costeiras foi a volta as pistas de María Dumbría.

O partido iniciouse cos dous equipos agardando a media pista e con posesións longas. A primeira boa ocasión foi para as locais cun libre indirecto ao borde do área por cesión que non aproveitaron.

O Fisober respostou nun saque de esquina que rematou Adriana sen chegar ao éxito.

Mediada esta primeira metade un balón ao oco nun dous para un rematou co gol de Martina no segundo pau para poñer en vantaxe as locais.

O Meigas quería seguir ao seu e cun tiro lonxano puxeron en moitos apuros a Lía que desviou a saque de esquina. A resposta foi por parte de Paula Fandiño.

O Meigas tamén poñía en apuros a Lía cunha dobre ocasión que desbarataba a porteira costeira. Un Meigas que cun tiro lateral voltaba poñer en apuros a Lía.

E cando xa chegaba ao fin a primeira metade unha xogada no pivot de Saray e o posterior rexeite ao seu lanzamento rematou co gol da cadete costeira para igualar o partido antes do tempo de lecer.

Ao inicio da segunda metade un saque de banda con tiro de Paula Fandiño con remate final de Ana creou moito perigo para as costeiras.

O Meigas tamén tiña as súas e cunha falta a oito metros fixo intervir co pe a Lía.

No toma e daca agora era un tiro de Adriana con rexeite para Ana que non puido rematar en gol. A resposta de novo das locais facía intervir a Lía.

E mediada esta segunda metade Mai atopa nunha xogada de un para un o gol para poñer en vantaxe as costeiras. Chegaba tamén a mala nova do partido a posible lesión no xeonllo de Malena, desexando que quede nun susto.

Paula Fandiño nun un para un poñía a proba a porteira local cun tiro. E de novo Paula Fandiño cedía para Saray que non chega por pouco.

Nos últimos minutos arriscou o Meigas co xogo de cinco pero non puido acadar a igualada. Un roubo do Fisober provocou perigo con Ana a contra. Chegándose así ao fin do partido.

A vindeira semana o Fisober recibe en Dumbría ao Burela Pescados Rubén B.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad