VICTORIA CF 0-8 VILLAREAL CF : “FIN O SOÑO DO VICTORIA NUNHA NOITE HISTÓRICA PARA O CLUBE”.

 

Victoria CF 0-8 Villareal CF

Non lle deu tregua o equipo valenciano ao coruñés, nun choque no que só as intervencións do meta Jano impediron que os villarealenses non se adiantasen antes. Foi no 17 de encontro cando Alberto Moreno abreu a conta goleadora e o intre no que o campo se inclinou hacia a porta victorista.

O descanso chegouse co encontro finiquitado, cun claro 0-4 no marcador de Riazor, con goles de Alberto Moreno, que repetía, Mandí e Alcacer. Na segunda metade Chukwuece, Gerard Moreno, Dia e Iosifov, completaban a goleada.

Máis de 4.000 afeccionados, animaban os coruñeses, no que foi nomeado como Memorial Moncho Rivera, que acadou 37.000 euros de recadación para o Banco de Alimentos Rias Altas da Coruña.

Histórica noite de todos modos para o Victoria CF, coa participación nesta eliminatoria da Copa do Rei e ante un equipo da 1ª División e con vitola de Europeo.

-Foto : Victoria CF 

-Texto : piratasdemuxia