O técnico do Zaragoza, ex deportivista Víctor Fernández falou alto e claro durante 40 minutos sobre a situación que se está a vivir e fíxoo sen pelos na lingua. O maño ademáis de solicitar que non se xoguen os Play-Of que para él están “adulterados”, pide o ascenso do seu equipo como terceiro clasificado, tal como ll manifestou nun escrito o seu clube ao Consello Superior de Deportes.
Fala do encontro do pasado venres en Riazor o que tachou de “mentira” e de “atropello a dignidade”, dixo o aragonés que : “Alguén tivo a brillante idea de adulterar a competición. Houbo pouca transparencia, moito escurantismo e dixéronse moitas medias verdades. Non se quen cometeu a neglixencia nin o motivo, pero fomos a cegas coas instrucións da LFP. Dubido que sexa o Fuenlabrada quen se saltou os protocolos, pero se o foi non debe estar nin un segundo máis na competición. Os clubs estivemos a mercé das instrucións da liga. Sorpréndeme tamén a inacción do goberno ante o que se está vivindo”.
Foi moi crítico coa actuación de Tebas e a inoperancia tanto da Liga coma do goberno : “ante todo o que está a ocorrer na liga Profesional… UEFA e a FIFA falaron do xogo limpo. Dixeron que había que lograr que todos os equipos xogasen nas mesmas condicións e cos mesmos xogadores. Nós fomos vítimas desa situación. Isto si é adulterar a competición e xogar en desigualdade. Estamos nun fútbol adulterado e podrecido, é unha situación esperpéntica que roza o grotesco”.,,,”Só importaba arrincar, e sobre todo terminar, pero deixáronse de lado algo importantísimo e é que ninguén quería regular que podía ocorrer se se desen rebrotes do virus. Ninguén da LFP quixo regular este problema. Tebas foi contundente dicindo que iso non ía ocorrer. Dixo que se xurdía un equipo con infectados era unha neglixencia dese equipo”.
Por outra banda hai equipos mercenarios de Javier Tebas que están dando pubricamente o seu apoio o ínclito presidente da LFP, pagando con eso favores internos que de seguro haberá, pois defender a unha persoa que humilla aos demáis e quédase tan pancho é increible e máis vendo como cada semana nos campos españois óese o berro unánime de “Tebas vete ya”, namentras os clubes dan a espalda aos seus afeccionados, que a semana pasada e cada día está a pedir en masa a inhabilitación de Javier Tebas.
-Foto : Google Images
-Texto : piratasdemuxia/YouTube