VÍCTOR ALCAINA E MAURO ROMANÍ VEÑEN DE RENOVAR CO MUXÍA CF E VEN ANTE O FISTERRA : “UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA”.

Víctor e Mauro, dous valores muxiáns do Muxía CF.

 

Na xeira do Muxía CF de renovacións antes de que acabe a tempada, na que van a xogador por día, (ou eso parece), os pesos pesados foron os primeiros, coa renovación de Michael, “Congui”, e Julián, (ainda quedan varios máis), e detrás viñeron varios dos rapaces, o derradeiro, Álex, que viña dunha lesión. Agora outros dous pesos pesados do clube, os primos, Mauro Romaní, e Víctor Alcaina.

Víctor Alcaina, (Muxía-31/10/1996), andivo deambulando dende moi neno antre o Muxía CF, Escolas Luis Calvo, para voltar o Muxía, sendo un dos que gañaron a liga de infantís do 2008, gañando tódolos encontros, xunto ca maioría dos que xogaban nese equipo recalou no CF Dumbría, ao que en cadetes ascenderon a División de Honra, para dous anos despois voltar o clube muxián, no que está dende entón. Gañou varios títulos de liga cos muxiáns e dumbrieses.

Mauro Romaní, (Muxía-02/03/98), tras xogar nos primeiros anos no Muxía CF, recalou no Bergantiños FC, e logo participou co seu primo Víctor Alcaina, e varios muxiáns máis, nos anos dourados do CF Dumbría, no que chegou ata xogar no senior, para logo retornar ao Muxía CF.

Para ambos a semifinal do vindeiro Domingo na Arliña, (18:30 horas), vai ser moi especial, pois son conscentes do potencial do Fisterra, pero tamén do importante que é a Copa da Costa, pero non ven imposible o pasar a final. Víctor pensa que : “Vai estar difícil pero non é nada imposible. Temos as nosas opcións e vamos loitar por elas. Pode pasar calquer cousa”. Pola sua banda sobre este choque, Mauro di que : “Eles son favoritos, e eles tamén teñen a presión de gañar, nos estamos tranquilos e moi motivados. Queremos ver a todo Muxía no campo”.

Para ambos sería un gran fito pasar a final : “Gañarlle o Fisterra sería un subidón por estar na categoría na que está, o equipo que ten, e ademáis estaría moi ben gañarlle no noso campo”, coméntanos Víctor. Pola sua banda, Mauro, gañarlles e ter opción de gañar a Copa, sería : “extraordinario, pois é o título máis desexado por calquer xogador da costa, polo que gañarlles e pasar, sería estar a un paso deso”.

Fora do que é este fantástico encontro do Domingo, ambos, que veñen de renovar, ven un futuro moi bo para o Muxía CF, por como se están a facer as cousas : “O futuro do equipo ten moi boa pinta por como están facendo as cousas, e como están indo. Como fomos evolucionando durante a tempada, ainda que comezamos mal e fomos indo a máis, e ademáis imos recuperando xente para a próxima, que sobre o papel, pinta ben”, afirma Víctor Alcaina.

Para Mauro tamén o futurod do equipo é alagüeño : “Creo que veñen tempos moi bos e bonitos. Este equipo e estae grupo de amigos vai quedar marcado na historia do Muxía”.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies