Vicente Gómez que todo apunta a que continuará a sua carreira futbolística na Superliga India, despídese nas suas redes sociais do RC Deportivo e da afección con dus espiñas cravadas que cre que “sanarán”.
O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño a Vicente e o noso agradecemento por todo canto fixo polo noso clube
Uche Agbo preto de pechar a sua continuidade
O RC Deportivo leva semanas de conversas co Standard de Lieja para tratar un acordo de cesión dun ano máis de Uche Agbo co clube branquiazul. O clube belga déralle ao deportivista unha opción de compra, pero o descenso de categoría cortou a posibilidade dun traspaso, polo que se busca outra fórmula. O parecer todo está a punto de concretarse, en gran medida polo interese do propio xogador en seguir na Coruña. Uche completaría o medio do campo con Celso Borges que xa completou as probas médicas e que de non ser pola parada debido o caso de COVID-19 que se deu na plantilla, hoxe estaría en Abegondo co resto de compañeiros as órdes de Fernando Vázquez.
.
-Foto : Vicente Gómez
-Texto : piratasdemuxia