Viaxes National Geographic elixe a Muxía como “O pobo máis bonito do mes de setembro en España para visitar”.

Tras unha criba con varios pobos de España o xornalista de Viaxes National Geographic, José Alejandro Adamuz co seu equipo de investigación elixe a Muxía, (A Coruña), como o pobo máis bonito de España para visitar en setembro : “O pobo máis bonito do mes de setembro está en Galicia :  é o escenario dunha das romarías máis importantes e vistosas da comunidade.”

Nun artigo que desvela quen quedou primeira antre as 5 finalistas Adamuz fala do moito que ten Muxía para o viaxeiro e o porque de que cada ano sexan máis os milleiros de pesoas que pasan polo pobo a disfrutar do que ofrece cultural, relixiosa e lúdicamente, así como na gastronomía e no relax. Muxía deu un crecemento en visitantes e en ofertas de hostalaría inimaxinable fai uns anos, que xa non son só durante o verán senón que durante practicamente a maioría do ano.

Xa non é a primeira vez que National Geographic elixe a Muxía como primeiro ou no podio de varios ranking de viaxes. Fai uns anos por outra importante plataforma foi elixido e premiado como “O pobo máis acolledor de España”.

Aquí tes o artigo do experto en viaxes de National Geographic, José Alejandro Adamuz no que desvela o que quedou primeiro no ranking que viñeron elaborando durante o mes pasado : https://viajes.nationalgeographic.com.es/a/pueblo-mas-bonito-mes-septiembre-esta-galicia-es-escenario-romerias-mas-importantes-vistosas-comunidad_25792

–

-Foto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Corpiño : Adobestock

–