VIAXE ORGANIZADA POLO RC DEPORTIVO EN VÓO CHARTER CO EQUIPO A ALMERÍA POR 350 EUROS CON VIAXE, HOTEL 4****, ENTRADA DO PARTIDO E DESPRAZAMENTOS E SEGURO DE VIAXE.

 

O Real Club Deportivo fretará un avión chárter a Almería aberto a que todos os deportivistas interesados, até completar a capacidade do avión da compañía Air Nostrum, poidan viaxar co equipo para ver o partido da 31ª xornada de LaLiga no Estadio dos Xogos Mediterráneos.

O prezo da viaxe por persoa é de 350 € (IVE incluído) e inclúe:

– Voo de ida: saída de Alvedro o sábado 7 de marzo ás 10:30 h.
– Traslados en destino (aeroporto – hotel; hotel – estadio; estadio – hotel; hotel – aeroporto)
– Aloxamento no Elba Almería Business & Covention Hotel (4 estrelas) con almorzo incluído
– Entrada para o partido do sábado 7 de marzo ás 21:00 h.
– Voo de volta: saída do aeroporto de Almería o domingo 8 de marzo ás 11:00 h.
– Seguro de viaxe

Para máis información, reserva e compra de billetes contactar con comercial@rcdeportivo.es

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/rc deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.