“VI COPA DA COSTA FEMININA”
-Cuartos de Final-
Tal e como vos acanzamos na previa das Copas da Costa tanto na feminina que vai pola sua 6ª edición desde que a orgañiza a RFGF, coma na masculina que suma a sua 61ª edición, onte xogábase un dos encontros de Cuartos de Final das rapazas. No “As Redondas” enfrontábanse o Cabana SD de José Manuel Vázquez e o Corme CF de Rubén Souto. Notouse a diferenza de categoría na segunda metade e foron as cormelanas que está a facer unha brilante tempada na 2ª Galega G1 as que se levaron o trunfo e o pase a semifinais, ante un Cabana SD, que xoga na 3ª Galega G3 “A Costa” e que tamén está a facer un temporadón e podería a vindeira tempada sumarse aos equipos costeiros da 2ª Galega.
Cabana SD 1-6 Corme CF
José Manuel Vázquez, (adestrador do Cabana) : “Tan pronto ns chegue o seu comentario colgarémolo aquí…”.
Rubén Souto, (adestrador do Corme) : “Sempre e difícil xogar contra un Cabana moi ben traballado a nivel defensivo, Jose Manuel coñécenos a perfección e sempre nos complica moito os partidos contra o seu Cabana, moi intenso nos duelos e co plus que lle da unha gran Míriam baixo paus.
Pero onte vimos a versión do Corme que a todos nos gusta ver, valentes e con personalidade con balón, intensas na perdida, e xerando moitas ocasións de gol. Saín moi contento co partido que fixeron TODAS”.
Cabana SD : Míriam, Idania, Aroa, Inmaculada, Silvia, Iria, Irene, Alejandra, Nerea, Laura e María Souto. Tamén xogaron : Nuria, Sabela, María Gómez e Begoña
Corme CF: Lucía Dourado, Lucía Rodríguez, Olalla, Zeltia, Cristina, Carla Pose, Ana María, Claudia, Aroa, Laura e Saskia. Tamén xogaron : Carla Vázquez, Natalia e Salomé.
Arbitro : Roberto Baña, acompañado nas bandas por Adrián Fidalgo e Hugo Bardanca. Non amosou cartóns.
Goles : 0-1, Claudia Pérez, (19´); 0-2, Aroa, (48´); 1-2, Irene, (51´); 1-3, Zeltia, (62´); 1-4, Cristina, (69´); 1-5, Ana María, (71´); 1-6, Ana María, (85´).
RESTO DOS CUARTOS
Hoxe tamén os Cuartos en homes :
-Foto : Rubén Souto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios con nome : os propios adestradores.

