VETERANOS DA COSTA . “Crónica da derradeira xornada da División de Honra, da ida do Play-Off de ascenso e da Previa da Copa da Costa que comeza este Domingo”.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

Tal e como vos adiantamos o pasado Domingo o remate dos encontros e na previa do venres, remataba a División de Honra dos Veteranos da Costa con todo o peixe vendido e só faltaba saber quen sería o subcampión, xa que o campión xa se sabía desde duas semanas antes, o ACD San Ramón, campión indiscutible. O final e tralos resultados da derradeira xornada o seu veciño larachés, ACD San Román, ocupaba o segundo chanzo e o terceiro era para o Atlético Carballo completando o podio a un punto.

No que respecta aos descensos tamén estaban decididos e os que na vindeira tempada voltarán a 1ª Galicia de Veteranos son o ADCV Ponteceso, (12º), SD Coristanco, (13º) e SCD Buño, (13º). Agora toca xa desde o vindeiro Domingo a Copa, da que tes toda a información o final do artigo.

O Sporting Zas acordouse do seu compañeiro Jaimiño.

RESULTADOS DERRADEIRA XORNADA

26ª Xornada

ACD San Román 3-2 Atlético Carballo SD

SD San Lorenzo 1-1 ADCV Ponteceso

SD Coristanco 2-2 SD Oza

Club Deportivo Razo 0-6 ACD San Ramón

CF Cances 1-5 Soneira Veteranos

Sporting Zas 4-1 SCD Buño

SD Castriz 1-2 Veteranos Dumbría

.

CLASIFICACIÓN FINAL

1º ACD San Ramón : 61
ACD San Román : 54
Atl. Carballo : 53
CF Cances : 43
5º Sporting Zas : 42
6º Vet. Dumbría : 40
CD Razo : 34
8º San Lorenzo : 33
9º Soneira Vet. : 32
10º SD Oza : 30
11º SD Castriz : 26
12º ADCV Ponteceso : 18
13º SD Coristanco : 17
14º SCD Buño : 10

.

PLAY-OFF ASCENSO

A DIVISIÓN DE HONRA

-Ida da Final-

CD Nantón 1-4 Cabana SD

Derbi local na procura dun posto na vindeira División de Veteranos da Costa en xogo. O Cabana saía mellor e pronto se poñía 0-2 con goles de Pablo Portomeñe, (2´) e José Varela, (15´). Reaccionou o Nantó e acurtaba distanzas pouco despois cun tanto de Félix, (19´), pero a media hora de xogo aparecía de novo Portomeñe para deixar un 1-3 ata o descanso. Na volda de vestiarios e antes da hora de xogo Jesús Manuel, (52´), facía o definitivo 1-4 que da moitas opcións aos de Cabana para o encontro definitivo. En liga o resultado antre estes dous equipos foi de 1-0 para os das Redndas.

Hai que lembrar que o Cabana tivo o título de liga na derradeira xornada na que dependía de si mesmo, unha vitoria sobre o Malpica dáballe o título e o ascenso, pero o non pasar do empate foi o A Piña o que se transformaba en campión e o Corme CF subcampión e ascenso.

-Volta da Final-
Domingo 19/04/2026

Cabana SD  CD Nantón, ás 10:00

.

COPA DA COSTA VETERANOS

-PREVIA-

Domingo 19/04/2026

SD Sofán  Corme CF, ás 09:45

Soandres CF – Sporting Bértoa, ás 10:00

SD San Lorenzo – Vet. CF Dumbría, ás 10:00

CD Leiloio  Atlético Carballo, ás 10:30

CD Razo – SD Coristanco, ás 10:30

A Piña  Soneira Veteranos, ás 11:00

ACD San Román  CF Cances, ás 12:00

.

-Foto : FaceBook San Ramón

-Montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

.