O Buño sacou boa ventaxe no Arasolis.
Tralo remate da 1ª Galicia de Veteranos co Castriz campión e o Oza subcampión, ambos ascendidos diretamente a División de Honra, o pasado Domingo xogouse a ida dos Play Off de ascenso cos 4 equipos da 1ª Galicia, nos que como xa vos adiantamos a semana pasada xogaban o SD Fisterra de Veteranos contra o SCD Buño no Arasolis e o SD Sofán contra o Veteranos SCD Malpica no Carral. Tomaron ventaxe os oleiros e os malpicáns pero non está todo dito.
Aquí tedes o que deron de si esten encontros e tamén a derradeira xornada disputable da División de Honra,xa que é a 17ª, que fora suspendida polo temporal Herminia o 26 de Xaneiro e na que só queda saber quenes descenden co Cabana e Corme xa descendidos e un posto que falta por saber e que está antre o Mazaricos, antepenúltimo con 23 puntos e o Cances con 2 máis.
SD Fisterra Vet. 2-4 SCD Buño
Goles : 1-0, Óscar, (7´); 1-1, Martin, (38´); 2-1, Roberto, (56´); 2-2, Ricardo, (64´); 2-3, Ricardo, (86´); 2-4, Ricardo, (90´).
-Encontros de volta-
SCD Buño – SD Fisterra Vet.
Domingo 06/04/2025 ás 12:00 horas
Campo : “Xabiña”
SD Sofán 0-1 Vet. SCD Malpica
Goles : 0-1, Ricardo, (60´).
Encontro de volta
Vet. SCD Malpica-SD Sofán
Domingo 06/04/2025 ás 10:30 horas
Campo : “A Pedra Queimada”
DIVISIÓN DE HONRA
-17ª Xornada-
(Derradeira da liga regular)
-06/04/2025-
CF Mazaricos – Cabana SD, ás 10:00 horas
ADCV Ponteceso – CF Cances, ás 10:00 horas
Atlético Carballo SD – CD Razo, ás 12:00 horas
ACD San Román – ACD San Ramón Vet., ás 10:00 horas
SD San Lorenzo – SD Coristanco, ás 10:00 horas
Sporting Zas – Soneira Vet., ás 10:00 horas
Corme CF – Vet. CF Dumbría, ás 10:00 horas
-Foto : SD Fisterra de Veteranos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”