VERGONZOSO : “O RC DEPORTIVO DESESTIMA A SOLICITUDE DO BERGANTIÑOS CF PARA XOGAR EN RIAZOR”.

 

Non se pode catalogar doutra maneira máis ca de “VERGONZOSO”, que o RC Deportivo non acepte a solicitude do Bergantiños CF que xa está a ser maltratado pola nefasta Rela Federación Española de Fútbol.

Como socio, accionista, presidente da Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, e afeccionado do RC Deportivo non podo, nen podemos aceptar as disculpas do noso clube do mal estado do terreo de xogo, para un só partido, dun equipo dos nosos, dun pobo que conta con polo menos un milleiro de socios deportivistas, e milleiros de afeccionados. Non se pode ir xogar na pretempada co equipo carballés e decir que é unha das cunas do deportivismo e logo agocharlle a man. Unha vez máis as decisións da diretiva con rumbo desacertado.

Esté é o comunicado do RC Deportivo que nen aceptamos nen aprobamos :

“O Real Club Deportivo, recibindo no día de onte a solicitude formal do Bergantiños CF para a disputa do partido de primeira eliminatoria da Copa de SM El Rey ante o Sevilla CF o vindeiro mércores 18 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR, vese imposibilitado a atender a petición do Club carballés.

Motivos técnicos de mantemento do céspede polas copiosas choivas deste mes de novembro e as previstas para decembro, que mesmo impedirán os adestramentos do primeiro equipo e a disputa de partidos previstos do Deportivo ABANCA de Primeira Iberdrola, fan que non se poida acceder a colaborar, nesta medida, co Bergantiños CF.

O Real Club Deportivo si pon a disposición do Club das Eiroas as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo se se consideran apropiadas para a disputa do encontro ante o conxunto hispalense”.

 

-Foto portada : as.com

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.