VERGONZOSO : ” A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DECLARA O CAMPO “AS EIROS” NON APTO PARA O BERGANTIÑOS-SEVILLA DA COPA DO REI.

Dirixentes do Bergantiños, Alcalde de Carballo e federativos galegos e nacionais o día da inspección.

 

Verdadeiramente vergonzosa a decisión da Real Federación Galega de Fútbol que tras realizar o Bergantiños CF ca colaboración do Concello de Carballo, tódolos requerimentos pedidos para que o Bergantiños CF-Sevilla FC do vindeiro 18 de Nadal, se xogue no Municipal das “Eiroas”, (Polígono de Bértoa-Carballo), féudo habitual do equipo carballés. 

O clube carballés pedirá explicacións a RFEF de porqué non se lle permite xogar no seu terreo de xogo, habendo feito un esforzo enorme para que se poida xogar no tepe das “Eiroas”. Esperemos que a RFGF faga o mesmo e loite porque non se prive deste encontro a Carballo e a zua zona.

Non ten explicación que vexamos cada ano encontros en campo “patéticos” e que nesta situación cun campo exemplra non se deixe.

Así nolo contand ende o Bergantiños CF :

“A Real Federación Española de Fútbol declara As Eiroas non apto para a disputa da eliminatoria da Copa do Rei contra o Sevilla FC. “Realizada la nueva inspección por parte de esta Real Federación, y a efecto de que le dé traslado al Bergantiños CF, debemos de comunicarle que el Campo Municipal de As Eiroas NO ES APTO para la disputa de encuentros del Campeonato España / Copa S.M. el Rey”.
A Federación ínstanos agora a buscar unha sede alternativa, que si cumpra cos requisitos mínimos, antes do 2 de decembro ás 14 horas. En breve informaremos das nosas preferencias e das nosas propostas.

O Bergantiños lamenta a decisión dos técnicos da RFEF, máis tendo en conta o enorme esforzo que tanto o Concello de Carballo como o club fixemos nos últimos días para adaptar As Eiroas e atender todas as demandas da Federación. Estamos convencidos de que, coas obras e melloras realizadas, o noso campo é perfectamente apto para acoller a eliminatoria, polo que remitiremos á RFEF unha petición para que nos explique en que puntos en concreto non considera apto As Eiroas para que se xogue o partido contra o Sevilla”.

 

-Texto : piratasdemuxia.es/Bergantiños CF

-Foto : Bergantiños CF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies