VERGOÑENTOS OS AIRES DE DESESTABILIZACIÓN POR PARTE DUN SECTOR DA PRENSA CORUÑESA.

O Depor é o máximo goleador da liga.

 

É verdadeiramente vergoñento ver como un sector da prensa coruñesa se postulou esta semana, e xa fixo amago a pasada por unha derrota, (inmerecida), ante Unionistas, e un empate, (por non pechar o encontro), ante o SD Logroñés.

O equipo de Borja Jiménez a día de hoxe non se lle pode achacar que non se entreguen en cada encontro, que non fagan bo fútbol por momentos, con goles máis vistos noutros anos, nos que o equipo contrario mira como circula o balón o noso equipo, ata ter que recollérena no fondo das suas redes.

Non se lle pode achacar falla de gol, cando levamos 12 goles a favor, e habendo marcado en tódolos encontros e habendo tido ocasións para facer algún máis en todos eles, no da pasada xornada o máis xusto, (cun pouco de sorte), sería ir o descanso co choque finiquitado. Ademáis somos o equipo máis goleador do campionato.

Non se lle pode achacar problemas en defensa cando en 6 encontros recibimos 3 goles e 2 deles foron nun mesmo encontro, o que perdemos en Salamanca, onde o primeiro gol chega tras un infortuito esbarón de Trigueros que lle deixa un pasillo o área o rival para igualar o choque, cando íamos gañando- O outro gol foi o da pasada semana, o do empate no 94, sendo o único tiro con perigo antre os 3 paus dos logroñeses.

Todos estamos dacordo con que queremos ver xogar o chaval Noel, ao que se lle está a cargar a mochila, (moito), con responsabilidades. Tivo a sorte de que dos tres intres que xogou en 3 encontros, acadou 2 goles. E de seghuro que a semana pasada de non ser a lesión de Jaime, intre no que tivo que sair dende o banco e sen quentar Granero, unha das ideas era que o rapáz xogara os derradeiros minutos, pero todo estaba trocando no encontro e o equipo deu un paso atrás que costou caro.

Esta presión sobre Noel só fai que outros se fixen máis nél e que posiblemente xa esté oindo cantos de serea, pois a sua renovación ainda non fluctuou, polo que que destaque ata pode ser perxudicial, (as cousas como son).

Gran mérito do adestrador e os seus axudantes, e parte deportiva que fixeron un equipo que polo menos ilusiona, e no tema de Noel e a sua maneira de levalo, decir que Borja Jiménez é o culpable de que tanto Noel coma Trilli, sexan xa xogadores do primeiro equipo, dando o salto dende xuvenís a primeira plantilla, algo que aquí fai moitos anos que non se ve.

Deixense de desestabilizar e máis apoiar, xa terán tempo a tirar con bala, se toca…que oxalá non toque, pero polo de agora, é vergoñento e un ataque sen senso.

-Texto : Xosé Búa

Presidente da “Peña Deportivista Os Piratas de Muxía”

Webmaster de www.piratasdemuxia.es

Socio e Accionista do RC Deportivo 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies