VERGOÑENTO O PECHE DE OLLOS DE TINO SAQUÉS E O SEU APOIO A TEBAS.

 

O presidente do CD Lugo, Tino Saqués, parece que non escoita os berros no seu campo e en tódolos que visita e ve pola televisión o berro unánime das afeccións, incluida a sua de “Tebas vete ya”, ademáis no seu ímpetu de defender o presidente da LFP, esquece todo canto pasou dende o 20 de Xullo, no que os seus xogadores e o seu adestrador, non estabn dacordo en que se xogase a xornada sen ser unificada, como así estaba tratado e dado como lei.

Tino saqués, que se defixo en alagos a Tebas, non ve viable unha liga de 24, cando xa é imposible repetir a xornada e ten asegurada a permanenza, acadada ante un “fraudulento” Mirandés, que xogou andando, todo contrario a actitude ca que xogou 3 días antes ante o Depor en Anduva. Tampouco se enterou de que o Fuenlabrada e Tebas racharon os protocolos viaxando a sabendas con infectados, tapando todo ata horas antes do encontro, así coma todo que veu detrás, con mentiras, ataques, detendo a Bergantiños, usando influencias para tirar recursos totalmente legais e enchendo as redes e os medios de ataques e mentiras.

 

As lagoas de Saqués ou que non quer ver

-Os berros da sua afección e as demáis, cada semana pedindo a marcha de Tebas.

-Os seus xogadores e o seu adestrador en contra de xogar o día 20 cando se deu a órde de xogar.

-Adulteración da liga incumplido o horario unificado.

-Tebas recoñeceu que él mandou viaxar o Fuenlabrada con infectados infrinxindo o protocolo.

-Nin Fuenlabrada , nen a LFP informaron a Xunta de Galicia dos infextados ata preto das 10 da noite do 20 de Xullo.

-Dixo que se apartaba do asunto por intereses familiares e económicos e non o fixo e segue.

-Fixo campaña de apoio o Fuenlabrada a pesares das numerosas neglixencias.

-Os ataques indiscriminados diarios dende as redes e televisións e radios afíns por parte de Tebas o RC Deportivo e outros equipos.

-O viaxe do Fuenlabrada sen médico.

-Os 28 infectados que puxeron en risco a saúde dunha cidade e a economía dun hotel.

-A persecución aproveitando persoaxes do Comité e anulando propostas do xuíz instructor.

-A detención de Álex Bergantiños, un acto abusivo e persecutorio en calquera sociedade limpa e digna que se precie.

 

E moitas outras cousas que poderíamos enumerar, duns actos que atacan directamente o clube máis representativo de Galicia, o fútbol en xeral e a saúde das persoas. Verdadeiramente como se pode decir que Tebas o fixo ben se a liga non rematou o non xogarse as xornadas en horario unificado, fallaron os protocolos e incumplíronse deportiva e sanitariamente, non se xogaron os Play-Off o que perxudica aos equipos involucrados, que tamén tiveron no caso de Zaragoza e Almería infectados e consigueuse por unha mala xestión a desfeita vergoñenta a nivel mundial na que está inmerso o fútbol español, ao que tras fallar os protocolos, para os que non tiñan “Plan B”, como se demostrou, e se está a acrecentar con positivos en outros equipos coma Madrid, Atlético ou Valencia.

Polo tanto o señor Saqués, que entendería que defenda a permanenza do seu equipo, que o puido face sobre o campo, tiña que calar aboca, ser respetuoso e mirar a sua afección que se postulou publicamente contra Tebas e a sua xestión contra as afeccións…Como ben dixo Fernando Vidal : “Arrieros somos…”.

 

-Foto : Montaxe piratasdemuxia.es