VENTAXE MÍNIMA DE CORCOESTO E SONEIRA NO PLAY-OFF DE ASCENSO DOS VETERANOS DA COSTA.

O Malpica é un dos que buscan o ascenso a División de Honra.

 

Este pasado Domingo comezaron os Play-Off de ascenso dos Veteranos da Costa, tal e como vos adiantamos na previa da pasada semana. Neles están inmersos o SD Corcoesto, Veteranos SCD Malpica, Soneira Veteranos e CD Nantón. Na primeira tirada destas semifinais Corcoesto e Soneira colleron unha ventaxe mínima en dous encontros moi disputados e deixando todo para a volta en terras malpicanas e nantonesas.

 

SD Corcoesto 3-2 Veteranos SCD Malpica

Encontro disputado no Capo da Piña no que se adiantaba o equipo malpicán aos 20 minutos de xogo, resultado co que se chegaba o descanso. Xa no treito final empataba o equipo de Corcoesto aos 70 minutos de xogo e remontaba 14 minutos despois, (84´), para facer o 3-0 un minuto despois. Reaccionaban os visitantes e acurtaban no 88 para deixar as espadas en alto.

 

Soneira Veteranos 3-2 CD Nantón

Gran primeira metade dos vimianceses no Muncipal de Vimianzo, que se poñían cun craro 3-0 en pouco máis de media hora, (6´, 23´e 37´), pero reaccionaban os nantoneses na segunda metade que se ían a polo encontro e conseguían acurtar aos 47 minutos de xogo. Non foi ata o 83 cando conseguían deixar aberta a clasificación.

 

Volta de Semifinais

Veteranos SCD Malpica-SD Corcoesto

30/04/2023 ás 10:30 horas

CD Nantón-Soneira Veteranos

30/04/2023 ás 11:00 horas

 

Crónicas penúltima xornada da División de Honra : PREME AQUÍ

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”