Todo o papel vendido para o sábado.
Como era de esperar as en torno a 8.000 entradas que quedaban para o Depor-Albacete, vendidas en pouco máis de media hora.
Entrei na web de taquillas da RFEF ás 18:00 horas para collerlle unhas entradas a un amigo, e caeuse durante 3 minutos, cando conseguín entrar. Mandoume a unha cola na que era o 3.535 en espera. A espera durou 35 minutos e cando entrei, tan só quedaban 3 entradas de Pabillón Inferior, moi distantes unhas das outras.
Os que entraron neses 3 minutos desde que se abreu a venda, leváronse todo o que había a venda, cousa que xa me temía, se tan só levasen 2 por cabeza, xa non chegarían a min.
Polo tanto Riazor presentará un cheo total, agás as zonas de seguridade antre afeccións, para o encontro do ascenso a 2ª División do vindeiro 11 de Xuño ás 18:00 horas, (16:00 GMT).
Agora a única opción para ir o campo está na ilegal revenda.
Como velo por Tv
Encontro que se poderá seguir por Tv, ós que non poidades estar no campo, por htts:/pww/w.goandgotv.com/, ou por Footters, ainda que neste caso a falla de son de ambente fai que sexa moi descafeinado, ainda que contan co arxentino, Palacios, o mellor locutor desta categoría, e moi superior a grande maioría dos do fútbol español.
-Foto : RC Deportivo
-Texto . piratasdemuxia