Mercado de segunda man, sesión de concertos Analogik Studio, Folía da Sartaña
e máis unha festa polo Samáin conforman parte da proposta para este mes
O Cámping Lago-Mar de Muxía, colaborador da nosa web, pechará a tempada 2026 este mes de outubro cunha programación cultural especial que inclúe a sesión de concertos Analogik Studio, nas que diferentes grupos grabarán un vinilo en directo no cámping; un mercado de segunda man, a Folía da Sartaña e unha festa polo Samaín.
O Cámping Lago-Mar é un espazo familiar e tranquilo onde pasar uns días na natureza no corazón da Costa da Morte e os pés da Praia do Lago. Está xestionado pola Cooperativa Cultural “Horta Creativa” e un dos seus piares é a axenda cultural, que comprende distintos tipos de actividades e abarca dende Semana Santa ata o outono: música en vivo a diario, obradoiros de distintas artes e disciplinas, andainas na natureza ou clases de ioga, entre outros.
É unha oferta cultural pensada para todas as persoas que visitan o cámping, pero tamén para toda a veciñanza da zona. O cámping tamén ofrece unha coidada proposta gastronómica no seu restaurante, con produto local e de tempada.
Toda a información sobre os aloxamentos e servizos do camping pódese consultar na web: www.campinglagomar.es. E a través do email info@campinglagomar.es
.
-PROGRAMACIÓN OUTUBRO-
MERCADO DE SEGUNDA MAN
A fin de semana do 10 e 11 de otubro o Lago-Mar acolle un mercado de segunda man. A inscrición está aberta para todas as persoas que queiran vender (roupa, libros, decoración…) e as prazas son limitadas!
Para participar hai que mandar un correo a info@campinglagomar.es e adxuntar 3 ou 4 fotografías do material que se vai a vender. Unha vez recibida esa información dende o cámping poñerémonos en contacto para confirmar a inscrición. Cada persoa que participe disporá de unha parcela para poder poñer unha tenda, caravana ou furgo.
ANALOGIK STUDIO
En outubro teremos unha serie de concertos moi especiais nos que distintos grupos pasarán polo cámping para gravar un vinilo nunha actuación en directo.
Virán: Pa Feira Co Que Temos o 11/10 ás 12:30 horas; Chicharrón o 11/10 ás 20:00 horas; Fronte Longo o 12/10 ás 12:30 horas; Macarena Montesinos e LAR Legido o 15/10 ás 20:00 horas; Os Lindes o 16/10 ás 12:30 horas.
CONCERTO ARIMA SOUL
O 10/10 recibimos a Arima Soul no noso escenario: o proxecto de Makala e a cantante Lidia Insausti dende o País Vasco. A súa proposta mestura estilos como o Soul, R&B, Funk e o Jazz-Groove. O concerto será ás 20:00 horas.
FOLÍA DA SARTAÑA
O 24 será día grande de festa coa Folía da Sartaña que organiza a Asociación Cultural “Pa Feira co Que Temos”. A partir das 17:30 horas haberá folía cunha morea de grupos e despois foliada libre. Ademáis haberá taller de danzas brancas do Concello de Muxía e de baile tradicional máis concerto de Lorelia. Tedes toda a información deste evento extraordinario no artigo que lles fixemos e podes velo premendo AQUÍ.
Haberá tamén un menú especial con Callos/Empanada+postre+café de pota.
Máis info e inscricións para os obradoiros en https://pafeiracoquetemos.com/foliada
SAMAIN – FESTA FIN DE TEMPADA
O 31 de outubro pechamos a tempada cunha festa polo Samaín. Haberá actuación de Choriso Criollo e filloas do Tío Arturo.
Desde o Camping Lago-Mar de O Lago-Merexo, (Muxía), animan a todos/ as a ir con disfraz e despedir xuntos esta tempada…
–
-Fotos e información : Prensa Camping Lago-Mar
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
–






