Segundo nos informan dende o RC Deportivo, Juan Carlos Valerón deixa o clube, deixa o clube por segunda vez. A primeira foi en Xuño do 2013 e desta volta faino de maneira moi diferente, tras retornar o pasado ano para facerse cargo do Fabril e formar parte do apartado da canteira, ao parecer por motivos persoais, que lle obrigan a tomar esta decisión :
“O adestrador do Fabril e lenda do RC Deportivo, Juan Carlos Valerón Santana, solicitou ao Club a rescisión anticipada do seu contrato por motivos persoais. O Club, en atención ao carácter da petición e vindo dunha persoa e profesional exemplar como o caso de Juan Carlos, accedeu á mesma dando todas as facilidades para que se poida resolver o contrato de forma inmediata nos mellores termos para ambos.
O Real Club Deportivo quere agradecer a Juan Carlos Valerón o seu traballo nesta segunda etapa no Club, neste caso como adestrador dirixindo ao filial, deixándolle as portas sempre abertas da que é, por méritos propios, a súa casa e desexándolle o mellor no seu futuro profesional e, sobre todo, persoal…Grazas e sorte Flaco!”, así nolo contan e así se despide o clube de Valerón.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia