Edu Expósito ficha polo Eibar e chega Aketxe
O Real Club Deportivo, a SD Eibar e Edu Expósito chegaron a un acordo para o traspaso do centrocampista catalán ao equipo armeiro. Non trascenderon cantidades do traspaso pero fálase de antre 3 e 4 milóns de euros e incentivos por obxetivos e un 20% de beneficio para Deportivo no caso dun futuro traspaso.
Chega Aketxe
Ager Aketxe Barrutia (Bilbao, 30 de decembro de 1993) convértese en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada con posibilidade de ampliación a unha segunda campaña.
Aketxe chega libre á Coruña após disputar a segunda metade da pasada temporada cedido no Cádiz CF.
O futbolista, que se desenvolve na segunda liña de ataque e pode actuar tanto nos extremos como na mediapunta, iniciou a súa carreira no Basconia antes de defender as cores do Athletic Club tanto en categorías inferiores, como no primeiro equipo. Dúas etapas no Cádiz CF, a segunda cedido polo Toronto FC completan o seu percorrido profesional até o Dépor do atacante biscaíño.
Aketxe incorporarase o luns á pretemporada co resto do equipo tras pasar o xoves recoñecemento médico e coñecer as instalacións do Club na cidade e en Abegondo