Sona a coña pero onte xa corría coma o lume un vídeo da celebración do ascenso do Depor a Primeira e no que se escoitan os berros de : “Depor!!!…Depor” e outros cánticos do deportivismo, pero está sendo usado politicamente aproveitando a gran marabunta branquiazul.
Este vídeo publicado por LPC (@landpalestine) en “X”, (antes Twitter), un usuario con medio millóns de seguidores, chantoulle no vídeo en ingles : “Israel, marcha. A nosa terra Albania non está á venda”, e isto fixo que xa foran moitos anti Israel e EEUU, que compartiron o vídeo que se fixo viral.
Consultada de novo a conta de LPC no intre de facer este artigo xa ten borrado o vídeo e a conta, pero xa se esparceu pola rede coma se fora real, acadando o que quería.
O poder de congregación do deportivismo deu a volta o mundo facéndose viral, nen os grandes poden presumir deste sentimento de pertenza.
Este enlace de @proudSocialist é un que que o colgou e sumaba a hora deste artigo 482 mil reproduccións e compartido máis de 6.000 veces : https://x.com/proudsocialist/status/2062289373878485477?s=46
.
-Foto : Captura X
-Textoi Xosé Búa “Pirata”
