UNHA VITORIA, UN EMPATE E UNHA DOLOROSA DERROTA NOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER FSF

Dolorosa derrota do Cadete Feminino que era lider e quedou fora da Fase final.

Na Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro do grupo Norte o Fisober visitaba ao Castro dentro da xornada 10 o sábado a partires das 17:30 horas no P.M. de Castro Ribeiras de Lea con Óscar Manuel Lorenzo Fernández e José Richard Chafloque Chafloque coma colexiados designados.

O resultado de, 4-2 a prol do Castro deixaba fora da fase polo título as costeiras a puntos iguais, polos partidos entre ambos.

Polo Fisober formaron: Sharay, Lucía Martínez, Uxía, Saray, Lucía Rodríguez ; tamén xogaron: Pauliña, Nerea, Lucía Canosa.

Os goles costeiros foron obra de Lucía Canosa e Nerea.

Con esta derrota poñe fin a tempada o cadete feminino que foi líder dende a primeira xornada e chegaba a está última coma líder, pero a derrota deixounas terceiras do grupo Norte e fora da fase final polo título autonómico.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro do grupo Norte C 1ª fase o Fisober recibía ao Stellae SportcarsPadrón dentro da xornada 10 o domingo a partires das 17:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Jairo Mosteiro Varela i Edgar Piñeiro Méndez coma colexiados designados.

O resultado foi de igualada a dous tantos, (2-2).

Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi Lema, Álex, Iago; tamén xogaron: Diego, David, Adrián, Julián, Suso, Eloy Figueroa, Pablo Taboada, Javi Blanco.

Os goles costeiros foron obra de Javi Lema e Álex Blanco.

Con este empate ante o segundo clasificado o Fisober puxo fin a tempada na que foi de menos a máis e finalmente acadou a terceira praza do grupo cun triplo empate.

Na Liga Autonómica Cadete Masculina e dentro do grupo Norte 4 segunda fase o Fisober recibía ao Piringalla dentro da xornada 3 o domingo a partires das 19 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría con Jairo Mosteiro Varela i Edgar Piñeiro Méndez coma colexiados designados.

O resultado foi, 2-1 a prol dos costeiros, acadando un histórico primeiro triunfo na categoría.

Polo Fisober formaron: Ismael, Manu, Adan, Eloy Sambad, Carlos; tamén xogaron: Mario, Leo, Vila.

Os goles costeiros foron obra de Carlos.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Seamo F.S. Pontedeume.

Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies