UNHA VITORIA, UN EMPATE E UNHA DERROTA, PARA OS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

O Infantil do Fisober foi o único que gañou.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina dentro do grupo Norte C 1ª fase o Fisober recibía o Troula Betanzos F.S. a primeira hora da tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría dentro da 8ª xornada de liga co resultado de catro a un a prol dos costeiros.

Polo Fisober xogaron: Diego, Pablo Costa, Suso, Álex, Iago , tamén xogaron: Brais, Adrián, Javi Lema, Julián, Eloy Figueroa, Pablo Taboada, Javi Blanco.

Os goles costeiros foron obra de Javi Lema en dúas ocasións, Suso e Pablo Taboada.

Os árbitros foron Jorge Fernández Lojo e María Rey Hermida.

A vindeira semana tócalle visitar ao Esteo en As Pontes.

Na Liga Autonómica Cadete Feminina dentro do grupo Norte o Fisober recibía a visita do Ribeira-Lieders o sábado de mañán nas I.D. de O Conco en Dumbría dentro da 8ª xornada de liga co resultado de un a dous a prol das visitantes o que supuxo a primeira derrota esta tempada para as costeiras.

Polo Fisober xogaron: Sharay, Lucía Martínez, Saray, Lucía Rodríguez, Lucía Canosa, tamén xogaron: Nerea, Ruth, Laura, Pauliña.

O gol do Fisober foi obra de Lucía Martínez.

Os árbitros foron Jairo Mosteiro Varela i Edgar Piñeiro Méndez.

A vindeira semana tócalle descansar ao Fisober que volta a competición en dúas semanas para acabar esta fase visitando ao Castro.

Na Liga Autonómica Cadete Masculina o Fisober iniciaba a segunda fase dentro do grupo Norte 4 visitando ao Seamo F.S. Pontedeume o sábado de mañán no P. A Casqueira de Pontedeume dentro da 1ª xornada de liga nesta fase co resultado de empate a tres o que supuxo o histórico primeiro punto na categoría dos costeiros.

Polo Fisober xogaron: Ángel, Manu, Vila, Eloy Sambad, Carlos; tamén xogaron: Mario, Leo, Adan, Martín.

Os goles costeiros foron obra de Adan, Manu e Carlos.

Os ártitros foron: Roberto Pena Porta e Roberto Segundo Amor Vizoso.

A vindeira semana tócalle descansar ao Fisober que volta a competición en dúas semanas para enfrontarse A Piringalla en Dumbría.

-Fotos : Fisober FSF

-Crónicas : Luis Sambad