UNHA VITORIA PARA OS CADETES E UNHA DERROTA PARA OS INFANTÍS, NOS CHOQUES DO FÚTBOL BASE DO FISOBER.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Dobre cita para o domingo tiñan os equipos do Fisober, unha delas incluso retrasmitida en directo polas redes sociais.

 

 

Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da 9ª xornada no seu grupo Norte A o Fisober visitaba ao AJ Pombo Hércules FS no mediodía do domingo no PM Novo Mesoiro de A Coruña con resultado de catro a dous a prol dos herculinos.

Polo Fisober formaron: Adrián, Mario, Pablo Taboada, Gael, Rubén; tamén xogaron: Diego, Manu, Fran.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada e Gael.

Os colexiados foron Sergio Piñeiro e Karina Tajes.

A vindeira xornada o Fisober recibe a visita do Colegio Liceo.

 

 

Na Liga Galega Cadete Masculina e dentro da décima xornada no seu grupo Norte o Fisober visitaba ao Os Meigallos FS na tarde do domingo no PM Jose Mario González – O Chanto en Sarria con resultado de tres a cinco a prol dos costeiros. O partido foi retrasmitido por YouTube.

Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Iago Larrañaga, Álex ; tamén xogaron: Brais, Iago Insua, Arturo.

Os goles costeiros foron obra de : Álex en dúas ocasións,Iago Larrañaga, Juan Emilio, Iago Insúa.

Os colexiados foron Esteban Gómez e Nicolás Vázquez.

A vindiera xornada o Fisober visita ao CD Compañía de María en Santiago de Compostela.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad