UNHA VITORIA E UNHA DERROTA NOS ENCONTROS DO MUXIÁN RAÚL LEMA CA SELECCIÓNS ESPAÑOLA SUB15.

Raúl Lema, (18), titular no segundo encontro.

Tal e como xa vos informamos en primicia o muxián Raúl Lema de 14 anos de idade e que xoga nos cadetes do San Tirso auspiciado polo RC Deportivo ao que pertence, xogaba dous econtros amistosos ca selección Española Sub 15, na que debutou o pasado Novembro xogando 3 encontros ante México, Marrocos e Arabia Saudí. Desta volta tomou parte doutros dous para ir acrecentando a sua presenza no combinado nacional. Tamén participa desde fai anos e segundo a categoría, (sempre unha por enriba), coa Selección Galega na que fai unhas semanas xogou varios amigables, pero neste caso na Sub 16 con rapaces 2-3 anos maiores ca él.

O talentoso xogador muxián entrou no primeiro amigable ante Escocia do pasado día 29 de Abril, no minuto 54 sustituindo o seu compañeiro Joel Pallé e participou na remontada dos españois que ían perdendo por 1-2 desde o minuto 35 e que acabaron gañando 4-2.

No segundo encontro xogado o pasado xoves, Raúl Lema saía no equipo titular e xogou a primeira metade, nun choque no que a pesares de conseguir empatar por duas veces, cada vez que se adiantaban os escoceses, acabaron sucumbindo por 2-3.

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies