UNHA VITORIA E UNHA DERROTA NAS CATEGORÍAS MASCULINAS DO FISOBER FSF :

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Na Liga Autonómica Cadete Masculina no seu grupo Norte D 1ª fase e dentro da 4ª xornada o Fisober visitaba na mañán do domingo ao líder invicto o AJ Pombo Hércules F.S. co resultado de tres a un a prol dos herculinos en partido disputado P. Sagrada Familia de A Coruña.

Polo Fisober participaron: Ángel, Manuel, Vila, Carlos, Martín; tamén xogaron: Leo, Adan, Eloy Sambad, Mario.

O gol costeiro foi obra de Leo.

Os árbitros foron Héctor Pérez Álvarez e Javier Estévez Baña.

A vindeira semana o Fisober recibe nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Academia Red Blue 5 Coruña.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina no seu grupo Norte C 1ª fase e dentro da 4º xornada o Fisober recibía na tarde do domingo ao Esteo co resultado de cinco a un a prol dos costeiros en partido disputado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Polo Fisober participaron: Brais,Javi Blanco, Pablo Costa, Álex, Javi Lema; tamén xogaron: Iago, Diego, Pablo Taboada, Julián, Adrián, Suso, David.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Suso, Iago e Javi Blanco. Co cal facían historia ao acadar o primeiro triunfo do Fisober en categoría autonómica para un equipo masculino.

Os árbitros foron Jairo Mosteiro Varela e Pablo Gondelle Seoane.

A vindeira semana toca visita ao Stellae-Sportcar Padrón.

-Foto : Fisober FSF

-Crónica : Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies