Unha vitoria e unha derrota da Selección da Costa Sub 15

CAMPIONATO SELECCIÓNS COMARCAIS

-2ª Fase-


A Selección da Costa da Morte Sub 15 quedou 5ª de Galicia.

-Unha vitoria e unha derrota da Selección da Costa Sub 15-

-Os rapaces costeiros fan historia cun 5º posto-

 

Moi bo papel da Selección da Costa da Morte Sub 15 na 2ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub 15, xogado o pasado luns 15 de Abril en Valga, (Pontevedra), no “Complexo Deportivo As Campañas”. Os rapaces costeiros enfrontáronse primeiramente a Selección da Coruña e caían por 2-0 tras facer un bo encontro e chegar o descanso co 0-0 inicial. Foi nos derradeiros intres do encontro cando os coruñeses se poñían por diante e conseguían o segundo gol cando os costeiros buscaban un empate que mereceron por esforzo e traballo durante os 90 minutos. O premio chegou no segundo encontro no que os rapaces da costa se enfrontaban a Selección de Ourense e un gol do muxián Martín Lodeiro dáballes a viroia final. No cómputo xeral do campionato os costeiros acabaron na 5ª praza cos mesmos puntos ca Selección de Ferrol con 6 puntos. Un fito histórico para a Selección da Costa da Morte que no seu primeiro ano de participación quedaron por enriba de seleccións potentes de vilas grandes galegas...A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman a selección costeira polo excelente traballo que están a facer levando alto o palio do noso fútbol.

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-


Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies