PREFERENTE GALICIA FSF
-LIGA AUTONÓMICA-
FISOBER FSF 7-4 A FERVENZA B
FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Saray, Uxía ; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Carre, Claudia, Ana, María Dumbría, Nuriña.
FERVENZA B: Iria, Cris, Irene, Laura, Keira; Tamén xogaron: Sara, Sofía María, Alba, Sofía, Paula, Ainara.
ÁRBITROS: Carlos González, Adan Cabo.
GOLES: 1-0 min 3 Saray, 2-0 min 7 Carre, 3-0 min 9 Paula Fandiño, 4-0 min 14 Paula Fandiño, 4-1 min 17 Laura, 5-1 min 19 Uxía, 5-2 min 19 Irene, ( descanso), 5-3 min 23 Sofía, 6-3 min 31 Uxía, 7-3 min 32 María Dumbría, 7-4 min 39 Sofía.
Partido aprazado no seu día correspondente a 14ª xornada de liga disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.
O Fisober acadaba tres importantes puntos no partido aprazado, no que as mellores noticias foron o debut da cadete Claudia e a volta da capitana Ana despois de moitas semanas apartada por lesión.
As costeiras saían co control do partido . A primeira ocasión foi para Paula Fandiño despois dun envío de Sharay. Unha Paula Fandiño que voltaba repetir pouco despois cun envío para Adriana. A os tres minutos xa Saray poñía por diante ao Fisober.
Os cinco minutos as visitantes deciden sorprender co xogo de cinco. Despois chegaron dúas boas oportunidades para María de Dumbría.
Mediada esta primeira metade chegaron tres goles en cinco minutos do Fisober, por mediación de Carre e Paula Fandiño en dúas ocasións que poñían o partido moi de cara para as costeiras.
Ainda habería máis goles antes de chegar ao tempo de lecer, reducía diferenzas Laura para as visitantes, Uxía marcaba para o Fisober e Irene facía para as visitantes.
A volta de vestiarios un gol de Sofía poñía emoción novamente ao partido, nun partido de ida e volta que non interesaba as locais pero si as visitantes.
Ocasión para Uxía, respostada por unha falta das visitantes ao pau. Agora era a xeira para o tiro de Lucía Martínez perigoso. Despois era a xeira para Adriana.
Mediada esta segunda metade aclarou o partido o Fisober con dous goles case consecutivos de Uxía primeiro e María Dumbría pouco despois.
Seguían as ocasións para os dous equipos e incluso a debutante Claudia tivo a súa.
Ata que chegando ao último minuto de novo a visitante Sofía marcaba para o sete a catro definitivo.
F.C. MEIGAS 1-1 FISOBER FSF
MEIGAS: María, Ángela, Blanca, Martina,Teresa; Tamén xogaron: Uxía, Laura, Jazmín, Navia.
FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Uxía, Saray; Tamén xogaron: Ana, Carre.
ÁRBITROS: Jorge Fernández, Vanesa Varela.
GOLES: 1-0 min 9 Ángela, ( descanso), 1-1 min 23 Paula Fandiño.
Partido correspondente a 20ª xornada de liga disputado na tarde do domingo no PM de Bertamiráns.
Segundo partido do fin de semana para o Fisober desta vez o que lle tocaba na xornada na que igualaba na casa do terceiro clasificado.
As locais saían de inicio co xogo de cinco para sorprender. As costeiras aguantan atrás e cando teñen o balón intentan ter posesións longas. As locais non crean perigo.
Así ían pasando os minutos sen moitas cousas que contar. A mellor ocasión para as costeiras foi unha contra rematada por Adriana.
Ata que mediada a primeira metade despois dun saque de esquina, un tiro e un rexeite Ángela pon en vantaxe as locais.
Co gol desperezou o Fisober e Paula Fandiño, Ana e Carre tiveron cadansúa ocasión.
Seguía empuxando o Fisober na busca da igualada e Uxía, de novo Paula Fandiño e a capitana Ana buscaban o gol. As locais tamén tiñan a súa ocasión antes de chegar ao tempo de lecer ao igual que Paula Fandiño.
A volta dos vestiarios os dous equipos tiñan posesións longas na busca do control do mesmo.
A mellor ocasión do inicio foi un balón ao longueiro das locais. Pero a resposta costeira foi por mediación de Paula Fandiño que lograba a igualada.
Había poucas ocasións pero boas, primeiro tiña que intervir Sharay cunha dobre parada. Despois eran Paula Fandiño e Carre as que o facían para as visitantes.
De novo Sharay evitaba o gol local con dúas boas intervencións. As dúas últimas do partido foron para o Fisober por mediación de Uxía e Paula Fandiño pero o electrónico xa non se moveu.
A vindeira semana chega o filial do Viaxes Amarelle a Dumbría.
-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad