UNHA SEGUNDA DIVISIÓN DE 24 EQUIPOS?.

 

A RFEF tralo tenebroso caríz que colleu a desastrosa xestión de Javier Tebas, propón unha liga de 24 equipos, algo que xa apuntaba nos medios o ex presidente deportivista Augusto César Lendoiro ao principio da desfeita creada, primeiro ca viaxe do Fuenlebrada con contaxiados e despois todo o que trouxo detrás, cun só fin, acabar a competición e meter nos Play-Off ao equipo madrileño.

Un problma creado unicamente en favor dun e en perxuizo direto do RC Deportivo que ía a ser a vítima propiciatoria. Tal e como saira a palestra Lendoiro cando por uns avais o Celta e o Sevilla eran descendidos a 2ª B e propuxo ao instante a Liga de 22 na Primeira, desta volta a RFEF propón para a Segunda a de 24, un mal menor, pero unha inxustiza que o Fuenlabrada se vaia de “rositas”, despois de todo o que infrinxeu deportiva e sanitariamente.

Pola sua banda a LFP que non quer a Liga de 24, prepara unha volta máis a este descalabro pois o Fuenlabrada está a adestrar para xogar o encontro suspendido e que o xuiz instructor do Comité de Competición propuxo darlle por perdido por 3-0 polaas actuacións que atopou na investigacións, “moi graves do Fuenlabrada”, tanto no apartado deportivo coma no sanitario. A “familia” Tebas pretende que se xogue, e o RC Deportivo, do que xa varios xogadores se despideron, buscará xogar e se o Depor non se presenta darlle o encontro por perdido e meter na promoción aos madrileños, o único fin da LFP, da que parece que o clube deportivista non forma parte, polo trato recibido e que recibe.

A RFEF podía actuar de maneira salomónica e impoñer a liga de 24, ainda que se hai xustiza e pasa coma fai 5 anos co Elxe, deberían descender o Fuenlabrada e darlle o encontro por perdido, xa que ao RC Deportivo non se lle permiteu defender no campo a canda os outros implicados, a sua salvación, perxudicada ademáis polos 3 puntos regalados ao Albacete en Cádiz, cun penalti inexistente, dirixido a un fin que lles estalou na cara aos da LFP, da que vergonzosamente Tebas non dimite, nen os clubes piden a sua dimisión, o que amosa que algo cheira mal dentro do ente deportivo.

#édexustiza

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.