UNHA MUXIANA E UNHA CORISTANQUESA NO STAGE EN PORTUGAL CA FEDERACIÓN GALEGA DE IUDO

Naira e Lucía viaxaron a Portugal ca Federación.

 

A cadete Naira Blanco de Coristanco e a infantil, Lucía Pazos de Merexo-Muxía, foron duas das elixidas pola Federación Galega de Iudo para participar no “stage” que en colaboración ca Federación Portuguesa, teñen dende onte Domingo 4 ata o día 7, para levar a cabo adestramentos en Coimbra, (Portugal).

Ámbalas duas rapazas pertencen o “Judo Clube Bergantiños” e xunto con elas son 14 as desprazadas/ados, por parte galega para levar a cabo estas xornadas de deporte e convivenza.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es