UNHA LIGA E UNS ESTAMENTOS DO FÚTBOL PODRIDOS E DIRIXIDOS CONTRA O DEPOR O FÚTBOL E A SAÚDE.

 

Primeiramente vaia por diante o noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación dos xogadores e técnicos do Fuenlabrada e que sexan poucos os que se vexan contaxiados por contacto direto con todos eles.

Verdadeiramente son dos que creo que unha man oscura se ciñe sobre o Depor. A primeira volta desastrosa, insultante, rozando o ridículo en moitas ocasións, e sendo partícipes e creadores dél en moitas outras, ten nomes e apelidos, en xogadores, técnicos, responsables  da dirección deportiva e dirixentes. Tras isto ca chegada dos Fernando as cousas mudaron, no deportivo e na dirección. A remontada, que ninguén se esqueza foi impresionante e de poder comezar o ano a 11 puntos da salvación, chegouse ata a salvación e nun final nefaso, groseiro de erros futbolísticos e arbitrais, consigueuse que o Depor baixase a 2ª B.

Por poñr os derradeiros exemplos destas verbas, o penalti inexistente pitado a Mujaid contra o Rayo Vallecano, sen querer o colexiado ver o VAR, que supuxo no derradeiro minuto de encontro a perda de 2 puntos, a clarísima man dun xogador do Málaga, que se axuda do brazo para levarse un balón que supuxo o contragolpe que lle daría a vitoria ao Málaga, (1-0), e que fixo que se perdese 1 punto, o penalti inexistente e de maldad do colexiado que lle dan Tenerife e que non quixo ver no VAR, a que supuxo a perda de 2 puntos e agora o esperpento de onte, saltándose a toureira , a dignidade, a igualdade, a saúde, a xustiza, etc, etc, etc…con atl de que se xogase e perxudicando o Depor e a outros equipos, por non respetar as normas marcadas por eles, na unificación de horarios e permitindo que os equipos implicados se visen beneficiados o xogar sen a presión do resultado que se fose dando en Riazor.

Pero ainda hai máis a estes atentados deportivos e contra a saúde, pois ata o Oviedo xogou con medo ante o Elxe, (o que adultera a competición), afectando isto o encontro, pois ata tiñan idea de non presentarse, e fíxerono por medo a represalias, ou o rpoio Rayo que non lle deixaron xogar a un xogador que tivo contacto con un do Funlabrada e a pesares de que deu negativo nas probas do COVID-19 e podía ser aliñado por Paco Jémez, pero ainda hai máis.

Esa man escura tamén afectou nos equips que se xogaban algo, pois Vivandi Garrido, colexiado do Cadi-Albacete, en vistas de que o equipo albaceteño nen lle facía dano o equipo cadista, sacouse da chisteira un penalti, claro exemplo no regulamento arbitral dunha man involuntaria. O xogador gaditano nun intento de controlar o balón co muslo vaiselle hacia o brazo involuntariamente e sen tentar controlar co mesmo. Lucas Alcaráz, asomouse a velo co árbitro na televisión de banda, xa que o VAR non llo pitou como tal, e fixo unha ceno de incredulidade, antes de que Vicandi pitase o inexistente penalti. A cousa xa estaba no que creemos que era un guión establecido, minuto 90, o Lugo gañando merecidamente, (ante un Mirandés que foi de paseo as murallas),  penalti a favor do Albacete, gol e vitoria. O Depor a 2ª B e sen xogarse nada no encontro aprazado, no que o equipo do que é secretario administrativo o fillo de Javier Tebas, bástalle un empate para entrar na promoción…Pero non esperaban a reacción de todo o pais, e non só o futbolístico, tamén o sanitario, polas neglixencias de adulterar unha liga podrida, senón de xogar ca saúde das persoas, sabedores dos positivos, que son por non cumprir os protocolos como o fixeron os outros equipos, e pr deixalos atravesar o estado e afincarse na Coruña, coa probabilidade de traerlle o virus a todos aqueles que estiveron con eles, compañeiros, e traballadores da hostelería.

O grito está por todo o alto nas redes e demáis medios de comunicación, a incredulidade da xente co que pasou é máxima, os clubes e estamentos santarios denuncian pubricamente sancións, explicacións, rectificacións ante unha maneira de actuar desastrosa, neglixente e inquisidora.

O final todo se vai a quedar en nada, pois aquí pronto van a comezar a actuar as máquinas de publicidade inquisitoria, favorable os réximes que dirixen os estamentos futbolísticos e do deporte, para que os perxudicados pasen a ser un mero recordo e os enfermos, (que esperamos que se curen), uns números de contaxiados, curados, e por desgracia como levamos vivido, de mortos.

Con todo esto pedimos a LFP, RFEF e CSD, que den a cara, que recitiquen a desfeita producida que atenta a saúde e moral das persoas, no futbolístico e no sanitario, e se teñen que caer cabezas, que caian, e se teñen que compensar o dano feito os equipos que o fagan, pois tamén xogan ca supervivenza dos mismos…acturían igual se esto sucedese na 1ª División e se xogasen o título uns, como lle pasou a Cadiz e Huesca, que loitasen por entrar en Champións e na Europa League, outros, como lle pasou no simil da Segunda aos da promoción, ou aos que se xogaban o descenso?.

De seguro que non…o que da de plan que os estamentos do fútbol español, están podridos e non tratan a todos por igual, atentando contra todo e só pensando nos píngües beneficios das televisións e das casas de apostas, pois demostrouse que todo que venderon que era para salvagardar a saúde era unha pura mentira, e os seus artigos e regras, outra.

 

Como socio e accionista do RC Deportivo, así como tódolos que formamos a unidade familiar, pedimos pubriamente o RC Deportivo que denuncie todo o denunciable desta situación de indiscriminación e asimesmo como galegos aos estamentos sanitarios e políticos en defensa da saúde e dos nosos intereses.

 

-Foto-Montaxe e Texto :  piratasdemuxia.es

-Foto orixinal : depositphotos.com

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies