UNHA FICHAXE E DUAS RENOVACIÓNS NO MUXÍA CF : MANU NOGUEIRA : “IMOS A MANTER GRAN PARTE DO GRUPO E ISO É MOI BO”.

Maikel Mouzo, Víctor e Michael, tres dos que renovaron.

 

O Muxía CF anunciounos a fichaxe do meta,  José D. Lema, ptocedente do CF Porteño, con pasado recente no fútbol murciano. Xogou no Águilas CF, e participou en encontros ca Selección de Murcia.

No capítulo de renovacións que está a facer o equipo muxián, Maikel Mouzo, lateral dereito de Bustelo, segue unha tempada máis, e tamén se suma un dos pesos pesados do equipo, Manu Nogueira, un dos pulmóns do equipo.

 

 

Manu Nogueira, (Muxía-20/05/1996), xa despuntou dende moi neno no Muxía CF, cousa que non pasou desapercibida o Bergantiños FC, e ademáis con descendencia carballesa por parte de pai, e foi reclutado para o Luis Calvo Sanz. Nun torneo en Muxía, no que tamén participou Angeliño, chamado daquela pola sua potencia o “Potro de Carballo”, ambos foton reclutados polo RD Deportivo, no que Manu xogaría ata chegar o Fabril, co que xogou en 3º División.

Tralo seu paso polo RC Deportivo, recalou no Beragntiños FC, tamén na 3º Galega, e de aí o CF Dumbría, para acabar voltando o Muxía CF. Todo un periplo da pescada que se trinca a cola.

Foi campión de España, na categoría alevín, e o mesmo título, pero en futsal, ca Selección Galega. Levantou o título de campión na Liga Galega Infantil, na Liga Galega Cadete e na División de Honra, da mesma categoría, así como na Nacional Xuvenil. En seniors, campión da Liga da Costa co Muxía CF.

Manu Nogueira, ao igual ca os pesos pesados do equipo muxiáns que entrevistamos, (Michael, Mauro, “Congui”…), augura un bo futuro para o clube, en especial, polo bo traballo da diretiva que preside Juan José Busto, no que se refire a renovar o groso do plantel deste ano, que se quedou as portas do ascenso polo asqueroso sistema de competición : “O futuro do equipo véxoo moi ben. Imos manter a gran parte do grupo, que eso é moi importante porque é a gran forza deste equipo. E ademáis imos sumar xente que nos vai aportar moito”.

Destaca e alaba a boa tempada que fixeron, na que só perdero 4 encontros de 36, e fixeron unha fase de ascenso impoluta, con 6 vitorias de 6 encontros, quedando fora do ascenso por golaveraxe, e na copa chegando a semifinais e plantándolle cara a todo un Fisterra : “A tempada que fixemos este ano foi moi boa, unha pena non conseguir o ascenso, ou meternos na final de copa, pero en xeral a tempada foi espectacular”.

Para Manu, a clave do éxito foi : “O grupo que temos que é moi bo, somos un vestuario moi unido, levámonos moi ben todos. Tanto xogadores, como corpo técnico e directiva e eso foi o que nos levou a facer a boa tempada que fixemos”.
 Para o bravo dianteiro de Os Muiños, como para todos o sistema de competición foi nefasto : “O sistema de competición paréceme moi inxusto, xa sabíamos como era antes de empezar. Pero é moi inxusto que nunha competición de 18 equipos solo suba un e descendan 6, hai moi pouco premio para o subcampión”.

 

 

-Fotos : piratasdemuxia/Comunicación Muxía CF

-Texto : piratasdemuxia