UNHA DERROTA E UNHA VITORIA NA VISITA DOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF A LUGO.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Tan só os dous masculinos xogaron finalmente este fin de semana e ambos desprazábanse a provincia de Lugo.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober desprazábase ao P. Monte Castelo de Burela para enfrontarse dentro da novena xornada ao Pescados Rubén Burela con resultado de oito a tres a prol dos locais, igualaban a tres no tempo de lecer.

Polo Fisober formaron: Brais, Eloy Sambad , Iago Larrañaga, Martín, Leo, tamén xogaron: Javi, Adan.

Os goles costeiros foron obra de Iago, Javi, e un gol en propia porta.

Os colexiados foron: Jorge Goyos e Javier Mogo.

A vindeira semana o Fisober recibe a visita de Os Meigallos que veñen de dar a sorpresa da xornada ao gañarlle ao líder invicto o Troula.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A o Fisober desprazábase ao P.P. do Palomar en Lugo para enfrontarse dentro da oitava xornada ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas con resultado de dous a catro a prol dos costeiros, que xa gañaban por un a dous no tempo de lecer.

Polo Fisober formaron: Miguel, Adrián, Pablo Costa, Gabriel, Eloy Figueroa, tamén xogaron: David, Iago Insua, Pablo Taboada.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada en dúas ocasións, Eloy Figueroa e Pablo Costa.

Os colexiados foron: Álvaro Darriba i Esteban Gómez.

A vindeira semana o Fisober volta a xogar a domicilio desta vez fronte ao SDCR Narón o Freixo.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad