UN XOGADOR DO MONTE LOURO DENUNCIA INSULTOS HOMÓFOBOS POR PARTE DUN XOGADOR DO MUROS.

Iker no encontro ante o Muros.

O pasado sábado xogábase o derbi muradán da Liga da Costa antre o CD Muros e o UD Monte Louro, un derbi no que gañaban os da capital muradana por 2-1, pero fora do resultado o peor son as denuncias do xogador do Louro, Iker Lado, que nas suas redes sociais denunciaba insultos homófogos por parte dun xogador do Muros.

Esta é o completo a nota que colgou en FaceBook :

Onte, no partido do disputado no Eleuterio Balayo entre o CD Muros – UD Monte Louro, sufrin insultos homófobos por parte do xogador N°5 do Muros (Capitán), Javi.
Si, no ano 2025 hai quen sigue crendo que o fútbol é un espazo onde o odio non pode quedar impune.
Nadie en ningún deporte deberia ter que tragar con actitudes cobardes e repugnantes disfrazadas de “calor do partido”
Penso que mirar para outro lado e calar seria ser cómplice.
Non me ofendeu o que me dixo, que para él eran insultos, ofendeme a ignorancia, a covardía e o odio disfrazado de carácter competitivo.
Darlle as gracias a cada un dos meus compañeiros (e tamén mensaxes dalgúns dos xogadores do Muros ao acabar o partido), entrenador e Carlos Verán que dende que se enteraron dos feitos no descanso deron o seu apoio e chegaron a propoñer non continuar o partido.
Espero que o CD Muros, un clube histórico da Liga da Costa o cal o presidente entrou no noso vestiário a disculparse e decir que eso non identificaba ao CD tome as medidas oportunas e contundentes sen medo e sen amiguismos, non facer nada sería un paso atrás.
Si no entiendes el texto te lo puedo escribir en castellano.
Saúde, Iker”.
Desde o UD Monte Louro tamén publicaban un par de notas de apoio ao rapáz : “Cando o deporte deixa de ser deporte e so e unha excusa para sacar os instintos máis baixos e insultar ou agredir porque sí, nada o pode xustificar. Está na man dos que temos responsabilidade erradicar eses comportamentos e nunca xustificalos ou mirar para outro lado, se non, somos complices desas actitudes cavernícolas…Dende o clúb o noso respeto e apoio a túa persoa e esperamos que se tomen as medidas oportunas ( e no so desculpas) para que esto se erradique”.
-Foto : Edu Olveira
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Carta e notas : Iker Lado/UD Monte Louro

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies