Un total de 200 nenos e nenas desfrutaron dos campamentos deportivos municipais de verán de Camariñas.

 

 Veñen de rematar as catro quendas que se programaron para
os campamentos de tempo libre e as actividades acuáticas.

O Concello de Camariñas clausurou os seus campamentos deportivos de
verán, nos que participaron un tal de 200 nenos e nenas, e que se dividiron
enn dúas modalidades: actividades acuáticas e obradoiros de tempo libre.
Dividíronse en catro quendas: do 5 ao 19 de xullo, do 20 de xullo ao 2 de
agosto, do 3 ao 16 de agosto e do 17 ao 30 de agosto. Todas foron en
horario de mañá, de 10 a 13:30 horas, e leváronse a cabo seguindo un
estrito protocolo COVID, que será de obrigado cumprimento.

Os participantes realizaron actividades como: iniciación ao windsurf, ioga
infantil, kaiak, vela, educación medio ambiental, paddle surf, recollida de
lixo… e sobre todo, pasárono moi ben!.

 

 

 

 

AVISO

Nas fotos o haber nenos menores se algún pai ou titor non quer que aparezan que se comuniquen connosco e taparemos o rostro do menor.

 

-Fotos e Texto : Comunicación Concello de Camariñas