UN POSITIVO NO DEPOR TROCA OS PLANS PARA O ENCONTRO DE COPA A ESPERA DE VER CANTOS XOGADORES PODERÁN SER DA PARTIDA.

 

O RC Deportivo suspendeu os adestramentos do primeiro equipo esta mañán o detectarse un positivo nas probas realizadas no día de onte a plantilla do primeiro equipo e xogadores do filial que adestran con eles. Diego Rolan, tal e como vos informamos quedou no día de onte na casa o ter fiebre. Trals probas feitas o xogador charrúa, os resultados deron negativo, polo que xa pode voltar o grupo.

A nova saltaba esta mañán cando un dos xogadores que adestraron onte daba positivo, o que facía que o clube activase o protocolo e aislase o xogador, fixese probas o resto, informando as autoridades pertinentes. Todo aquelo que o Fuenlabrada e a Liga de Javier Tebas non fixeron e seguen sen castigo.

O clube anunciaba así a nova : “O Deportivo suspendeu o adestramento desta mañá en Abegondo após detectarse o positivo dun dos seus futbolistas por COVID-19. O xogador, que non presenta síntomas, foi illado inmediatamente. Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, o futbolista continuará en situación de illamento e todos os seus compañeiros de cadro e técnicos realizarán novos tests esta mesma mañá”.

Tralas probas de hoxe, mañán saberase se hai algún afectdo máis e determinarase se se xoga, ou con que xogadores, o encontro de Copa, ou o de liga do vindeiro Domingo en Zamora.

No que se refire ao encontro de Copa, o Alavés immformou que non entra na convocatoria Lucas Pérez por molestias físicas. Lucas era o principal foco de atención desta eliminatoria. Si entra outro ex deportivista de menor calado coo é Joselu.

O fútbol español está a ser unha fonte continua de contaxios que fan suspender numerosos encontros. No que se refire a “burbulla de Tebas”, no profesional, estaloulle an cara e agora todo é un “donde dije digo, digo : “Diego”, e estanse adulterando encontros e indiretamente infectando a outras persoas proximas a xogadores, así coma contactos indiretos.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies