UN PENOSO JAVIER TEBAS SEGUE A TRABALLAR EN POS DO FUENLABRADA E DESVIRTUANDO O RC DEPORTIVO QUE XA PRESENTOU ALEGACIÓNS.

Armenteros pasou por rolda de prensa.

 

Borja Valle contestaba aos despropósitos de Javier Teba, que xunto cas suas máquinas de comunicación, busca desvirtuar ao RC Deportio e suavizar a desfeita do Fuenlabrada que lle estalou en toda a cara cun : “Los tines bien gordos”, as verbas do dictador da LFP, que decía que a culpa era do RC Deportivo que magnificou o sucedido.

O Tebas non lembra que o RC Deportivo xa foi perxudicado co descenso no Levante-Zaragoza e non axudou para nada, que o outro día viuse maltratado deixando que se xogase a derradeira xornada que tiña que ser unificada, que foi perxudicado por deixar viaxar, (e ainda dí que foi polo seu mandato), un equipo contaxiado, que trouxo a peste para Coruña e perxudicando seriamente a cidade e en especial o Hotel Finisterre. Un hotel que debería solicitar a Tebas as pérdidas que está a sufrir, xa que recoñeceu que él foi o que mandou viaxar o equipo fuenlabrés.

Penosas as verbas dp Xuíz de Disciplina Social da liga, Manuel Rivero, que en troques de defender e investigar por igual, meteu e dabondo contra o RC Deportivo, a cidade da Coruña e Galicia. Un cargo creado por Tebas e que busca tamén a absolución do Fuenlabrada que como se está a ver vulnerou tódolos procedementos deportivos e sanitarios.

O RC Deportivo ven de presentar alegacións e como dixo en rolda de prensa, (que en breve vos traeremos en vídeo), Toño Armenteros : “o Dépor ten abertas todas as reclamacións. Tanto a inicial, coa adulteración de competición, solicitando a repetición da xornada completa con todos os partidos e en horario unificado. Por outra banda, hai unha denuncia contra Fuenlabrada pola vulneración contra a orde deportiva. O expediente que nós iniciamos, #ante o Comité de Competición. Agora LaLiga inicia un expediente do que nós non tiñamos coñecemento ata as 10 da mañá, unha cortina de fume, quen ten que decidir isto é o Comité de Competición”.

Javier Tenbas ve como todo lle saeu da peor maneira posible e busca aunha saida hacia adiante e buscando salvar a un Fuenlabrada que se hai xustiza debería correr o mesmo camiño qu percorreu o Elxe fai 5 anos, cando tivo unha neglixencia administrativa entregando os avales da sua débeda fora de tempo e descendeu salvándose o Eibar que estaba descendido.

 

AS PEÑAS TAMÉN AMOSAN O SEU MALESTAR

Imagen

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.