Diego Bello foi imaxe dunha das campañas de camisetas do RC Deportivo.
Segundo informa a Agemcia EF un novo informe apunta a que o 7 de Xaneiro a policía de Filipinas disparoulle a Diego Bello “deliberadamente a matar”. Un vídeo de Diego saindo do restaurante que rexenteba descubre que o coruñés saía sen ningunha bolsa na man, en contra da versión de que saía cunha bolsa con drogas e que él disparou primeiro.
Nin bolsa nen ataque por parte do rapáz, que tras estudar o caso : “O número de disparos e a traxectoria das balas desmontan a versión oficial”, que o tachaban de narcotraficante. “A ausencia dunha causa xudicial aberta contra Diego Bello polas súas supostas actividades ilegais impide coñecer ata que punto a versión da policía filipina pode ser crible, polo que a actuación policial podería considerarse como unha execución extraxudicial”, apunta o informe da Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas publicado pola axencia EFE, desmontando a versión do xefe da Policia de Siargao, Vicente Panuelos que apuntaba no se informe do día de autos que fora en “lexítima defensa” e que o rapáz “era un narcotraficante de alto valor e que disparou primeiro os axentes”.
Preocupación no colectivo español en Filipinas pola falta de apoios a causa da xustiza española que os deixa desamparados en caso de verse en problemas sen ser causa deles.
O noso total apoio a familia e amigos de Diego Bello, que fai poucas semanas facían unha concentración nos Cantóns, (A Coruña), pedindo xustiza, e que seguen como poden ca sua loita para que se faga xustiza e limpar a honra de Diego Bello, vítima dunha policía criminal e déspota.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.es/Agencia EFE