UN NOVO CASO DE COVID-19 NO DEPOR ACRECENTA AS BAIXAS PARA ZAMORA.

 

Fernando Vázquez na rolda de prensa que bos colgaremos en breves, confirmou un novo caso de COVID-19 na plantilla, nos PCR que fixeron tralo encontro de Copa. Esto motivou que o adestramento desta mañán se atrasase a espera dos resultados de PCR que fixo troda a plantilla e corpo técnico ao aparecer un novo positivo. Todos deron negativo, pero a esta baixa de última hora hai que sumar que despois da Copa, apareceron con molestias, Bóveda, Héctor Hernández e Claudio Beauvue. 

A eles hai que sumar a baixa por sanción de Jose Lara, e as xa sabidas de Miku, Borja Galán e Derik, que están no derradeiro treito da sua recuperación co readaptador. Tampouco adestrou Uche Agbo, que podería ser o caso anterior de COVID-19, pero sen confirmar, e Adri Castro, chegaría cun par de adestramentos tras duas semanas parado.

Con esto sen non cae alguén máis contaxiado, xa que eso obrigaría a suspensión do encontro ante o Zamora CF, (17:30 horas/16:30 GMT), do vindeiro Domingo, o Depor podería formar con : Carlos Abad, Valín, Mujaid, Granero, Salva Ruíz, Bergantiños, Borges, Nacho González, Keko Gontán, Rolán e Rui Costa, se falamos dos do primeiro equipo, e tendo en conta que cabe a posibilidade de que un destes sexa a baixa por positivo. Nas fotos que edita o clube para a prensa e afeccionados, no adestramento de hoxe, notamos a falta de Keko, ainda que pode darse a casualidade de que coincida que non sae. Sería unha mágoa, dado que o pasado mércores na Copa amosou unha vez máis ser o ´nico da plantilla que amosa outro nivel.

A espera estarían Manu Mosquera, tralo seu bo encontro na Copa, e os xogadores do Fabril que entren na convocatoria, que de seguro serán varios, se tiramos de conxeturas con moita lóxica.

 

PARTE MÉDICO DE BÓVEDA E HÉCTOR

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron nas últimas horas que Eneko Bóveda sofre unha lesión muscular no bíceps femoral esquerdo e Héctor no semitendinoso da súa perna dereita.

Os dous futbolistas estarán uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasarán logo á fase de readaptación co readaptador, Fran Molano; como paso previo ao seu regreso á dinámica de grupo.

COMUNICADO DO CLUB SOBRE O POSITIVO

A proba PCR realizada nas últimas horas a un futbolista do Club resultou negativa a pesar de que esta persoa dera positivo de COVID-19 no test que estipula o protocolo da Federación.

Así pois, a día de hoxe, unicamente un xogador do primeiro cadro é positivo de coronavirus. Cumprirá a pertinente corentena no seu domicilio, onde seguirá un plan físico individualizado; e regresará aos adestramentos na Cidade Deportiva cando volva dar negativo nas probas pertinentes.

Todo o cadro de xogadores e técnicos someteuse onte a probas PCR en Abegondo tamén con vistas ao encontro en Zamora deste domingo 10 de xaneiro, resultando todas negativas.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo