UN GRAN DEPORTIVO FEMININO TUMBA O OVIEDO MODERNO, (2-0) E MANTEN ABEGONDO INEXPUGNABLE.

 

Deportivo Feminino 2-0 Oviedo Moderno

Non lle deu que facer o Oviedo o Deportivo Feminino nos anos de loita polo ascenso a máxima categoría e parecía que ía ser o equipo temible doutros tempos, pois o primeiro treito do choque estivo dominado polas astures, pero así que colleu a manixa do encontro o equipo deportivista, como fiera que desperta, deu un recital de bo fútbol, con roucos, control, subidas por banda e faltoulle unicamente acabar as xogadas, eso sí, polo bo facer defensivo das ovetenses.

Tardou en abrirse o tarro, pero dunha vez que se abreu, tras un perfecto centro de Cris desde a dereita que  o cabeceou Inés Altamira, introducindo o esférico na portería xunto ao pau esquerdo. Cinco minutos despois tras un centro raso desde a dereita de Ainhoa Marín, chegaba desde segunda liña Jone Ibáñez, e remataba por baixo lonxe do alcance da ex deportivista Miralles. De durar máis o encontro de seguro que a vitoria sería máis abultada, o atopar máis espazos as deprotivistas tralo primeiro tanto.

Con esta vitoria, a sexta en seis partidos como local, o Deportivo Feminino suma 25 puntos, estando no máis alto da táboa do grupo Norte da liga Reto Iberdrola.

Deportivo ABANCA: Ana Valles, Cris, Inés Altamira, Raquel García, Andrea Sierra (Patri López, min. 78), Paula Gutiérrez, Carlota, Ainhoa, Alejandra Serrano (Jone Ibáñez, min. 69), María Ruiz e Laura Fernández (Aroa Guerra, min. 61).

Oviedo Moderno CF: Miralles, Alejandra, Yannel Correa, Iglesias (Rocío, min. 90), Yarima Font (Osorio, min. 79), María Requena, Isina, Marina Crespo (Denise, min. 90), Lucía Vallejo, Carlota Suárez (Ana Buceta, min. 79) e Irantzu (Carla Gómez, min. 69).

Goles: 1-0 Inés Altamira (min. 82); 2-0 Jone Ibáñez (min. 87).

Árbitro: Rodríguez Campos (c. galego). Cartón amarelo a Iglesias (min. 74) e María Ruiz (min. 90+2).

Incidencias: partido da 10ª xornada de Reto Iberdrola disputado en Abegondo ante 200 espectadores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies