PREFERENTE GALICIA
-Liga Autonómica-
O Fisober estreou indumentaria neste encontro.
SD Gaiola 1-2 Fisober FSF
GAIOLA: Marta, Laura, Sofía, Estela, Marta Rios; Tamén xogaron: Dolores, Fátima, Carlota, Xenia, Raquel, Andrea.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Ana, Nuriña; Tamén xogaron: Adriana, Barca, Mai, Saray, Lucía Martínez, María Dumbría, Uxía.
ÁRBITROS: Adán Cabo, Saúl Cabo.
GOLES: 1-0 min 17 Estela, ( descanso), 1-1 min 25 Paula Fandiño, 1-2 min 39 Barca.
INCIDENCIAS : Partido disputado na mañá do domingo no PM de Santa Isabel de Santiago correspondente a quinta xornada de Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica.
CRÓNICA
O Fisober sacou un importante triundo adiante ante un rival que chegaba imbatido a esta xornada e que era unha pequena besta negra coma local, xa que por exemplo a tempada pasada gañaron por seis a dous con solvencia.
O partido era moi igualado coma se previa pero o Fisober coma tódolos partidos estaba a ter as súas ocasións pero segue a errar demasiado de cara a porta.
E cando se chegaba aos últimos minutos da primeira metade era Estela a que poñía o primeiro gol e trastocaba os plans das de Fran Toba.
Así co un a cero chegouse ao tempo de lecer.
A volta de vestiarios o Fisober intentou igualar o partido e fixo aos cinco minutos cun gol de Paula Fandiño para poñer as táboas no electrónico.
As costeiras seguiron arriscando e traballando na busca de darlle a volta definitiva ao marcador e tendo ocasións para facelo pero o ansiado gol non chegaba.
E cando parecía que o empate a un era o resultado final apareceu Barca para facer o un a dous e darlle tres importantes puntos as costeiras dentro xa do último minuto.
Un Fisober que estreaba equipación neste partido.
Proximo encontro
A vindeira xornada e co Fisober coma local recibe ao Poio Pescamar B que xusto é o conxunto que as persigue na clasificación.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad