UN EMPATE E UNHA VITORIA DOS EQUIPOS DE BASE MASCULINOS DO FISOBER FSF, QUE APORTA A PABLO COSTA AOS ADESTRAMENTOS DA SUB-16 GALEGA.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Dobre xornada da tarde do domingo para o Fisober en categoría infantil e cadete masculina disputada no PM de Cee debido ao concerto do sábado nas ID de O Conco.

 

 

Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da xornada 5 dentro do grupo Norte A nun partido disputado na tarde do domingo no PM de Cee coa visita do Stellae FS Karymo Peluqueros co resultado de igualada a tres goles.

Polo Fisober formaron: Adrián, Mario, Rubén, Fran, Pablo Taboada; tamén xogaron: Eloy, Borja, Xavi.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada, Eloy e Mario.

Os colexiados foron Carlos González e Saúl Cabo.

A vindeira semana o Fisober visita ao Academia 5 Coruña.

 

 

Na Liga Galega Cadete Masculina e dentro da 5 xornada dentro do grupo Norte nun partido disputado na tarde do domingo no PM de Cee unha vez finalizado o anterior coa visita do Los Tres Monos Lago Dvsport e co triunfo costeiro por dez a tres.

Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Álex, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Brais, Arturo, Javi, Adrián e Iago Insua.

Os goles costeiros foron obra de Iago Larrañaga en catro ocasións, Adrián en tres, Álex en dúas e Pablo Costa.

Os colexiados foron Saúl Cabo e Carlos González.

A vindeira semana os costeiros visitan tamén ao Academia 5 Coruña.

 

Costa coa nova indumentaria do Fisober FSF.

 

Pablo Costa ca Selección Galega Sub 16

O xove xogador do Fisober FSF, Pablo Costa Carabel, adestra no día de hoxe ca Selección Galega Sub-16. O adestramento será no Polideportivo de O Pino, con motivo de preparación de cara o Campionato de España de Seleccións Territoriais.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad