UN EMPATE E UNHA DERROTA PARA OS EQUIPOS MASCULINOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Os infantís ofreceron un encontro de gran emoción.

Tan solo dous partidos para as inferiores do Fisober, ambas como locais en Dumbría dos equipos masculinos que xogaban os primeiros partidos do ano despois da suspensión da semana pasada.

Na Liga Galega Infantil Masculina dentro da Fase polo título do grupo Norte dentro da cuarta xornada o Fisober recibía ao Academia 5 Coruña FS en partido disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría con resultado de igualada a cinco goles.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Gabriel, Iago Insua; tamén xogaron: Miguel, Eloy Figueroa, Manu.

Os goles costeiros foron obra de Gabriel en tres ocasións, Iago Insua e Pablo Costa.

As colexiadas foron Noemi Costaya e Vanesa Varela.

A vindeira semana o Fisober visita ao Narón o Freixo.

Os dous equipos antes do pitido inicial.

Na Liga Galega Cadete Masculina do grupo Norte e dentro da 15ª xornada o Fisober recibía ao intratable líder invicto AJ Pombo Hércules en partido disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría con resultado final de dous a sete a prol do herculinos, aínda que no tempo de lecer era de igualada a dous tantos.

Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Eloy Sambad, Leo, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Javi, Adan, Iago Insua, Álex.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa e Álex.

As colexiadas foron Noemi Costaya e Vanesa Varela.

A vindeira semana reciben a visita do Pontedeume para iniciar a segunda volta.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad