COPA DO REI XUVENIL
FC Barcelona 3-2 Deportivo Xuvenil “A”
Un erro defensivo supuxo o primeiro gol dos barceloneses no minuto 42´obra de Álex González, dun equipo que practicamente non inquietaran a porta deportivista. Con ese resultado chegábase ao descanso, cun Depor moi ben plantado, sen pasar apuros e metendo atrás aos cataláns.
Empatou o equipo de Miguel Figueira nunha entrada por banda dereita de Pablo García, (59´), que batía por antre os pés o meta dos cataláns no primeiro pau. Pouco despois Pablo sairía lesionado, (75´).
Dominaba o Depor xuvenil e chegaba finalizando xogadas, pero o segundo gol dos azulgranas chegaba tras outro erro no 68´e Fonfana batía a Rodri. Foi o intre que máis dominou o equipo do leste de España ante o xarro de auga fría que supuxo o gol para os rapaces deportivistas que non estaban pasando apuros e estaban tendo o balón.
Puido chegar o terceiro dos cataláns no derradeiro cuarto do encontro, pero nun desaxuste defensivo que aproveitaba o fillo de Kluivert, mandaba o balón ao poste. Repúxose o equipo branquiazul, (desta volta ca galega), e empataba cun golazo desde fora do área de Xabi Campos.
Pasouse a prórroga cos dous equipos fundidos polo esforzo, puido chegar o terceiro para os nosos pero nun tremendo erro do meta Rodri caía o terceiro deles. Buscou o empate para ir os penaltis o equipo de Figueiras, pero a pesares de que tivo algunha chegada peroigoso e algún tiro que bateu na defensa, o gol non chegou e trouxo lembranzas do ano pasado cando se quedou fora por un erro inesperado do meta.
Gran encontro no que caeron con todo orgullo e merecendo máis, ante un equipo feito a base de talonario na sua gran parte con xogadores de diferentes paises e nalgún caso fichado por millóns de euros. Paou o equipo do leste de España como puideron pasar os nosos.
.
-Foto : Miguel Ángel Moreno
-Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

