UN DEPOR EVOLUCIONADO AO QUE LLE SEGUE A FALTAR GOL PARA MATAR OS ENCONTROS.

 

Sobre o papel o Depor era o equipo a batir, era o Madrid ou Barcelona da 2ª B, e non polo presuposto, senón porque era o “grande”, a nivel galego, o único con títulos e copas do fútbol profesional e o equipo que chegou máis lonxe nas competicións europeas, con duas semifinais, unha en Recopa e outra en Champións, habendo sido un dos grandes de Europa, e en España, un dos 9 que gañou a liga da 1ª División e sumando ademáis 5 subcampionatos. Todo un caramelo para os equipos rivasi, e xa non digamos se puidese haber afeccionados nos campos.

Todo eso non tardou en ser un espellismo. De inicio gañouselle ao Salamanca agonicamente e en partegracias ao apoio de 3.000 deportivistas no campo que empuxaron ata o final. Puxo por diante aos branquiauiz Beauvue e tras empatar os salmantino, no 96, Eneko Bóveda facía o 2-1. O Salamanca parecía que era alguén, pero tamén pronto se vería que pouco tiña que ofrecer.

Chegou a segunda xornada e visita ao Compostela, (0-0), nen fútbol, nen goles, nen supremacía, ante un recén ascendido. De aí pasouse a xogar contra o Unionistas. Un gol de Héctor Hernández no minuto 1 dáballe a vitoria aos deportivistas, (0-1), nada que contar dese encontro. Nin nos creaban ocasións, pero tampouco as creábamos. 

Voltábamos a casa e visitaba Riazor o Coruxo, e o equipo sigueu amosando a sua falta tanto de creación, coma de gol. Lara no 55 salvaba o encontro. Ainda que o equipo ía de primeiro as críticas, alimentadas por unha parte da prensa ían en crecemento. Tocaba de xogar de novo fora visitando ao Guijuelo, con toda seguridade o peor encontro, (en xeral dos dous equipos), que presenciamos en moitos anos, e se dúbida o peir que lle vin ao Depor nos 30 anos que levo de socio. Non houbo gol, nen se creou nada, (0-0).

Na volta a Riazpr, chegaba o Ferrol e o encontro defraudou por parte de ambos, pero un penalti a favor dos deportivistas por medio de Diego Rolán, dáballe os 3 puntos aps nosos. Non se pitou un penalti a favor dos Departamentais, e a tónica foi a mesma, sen gol e sen creación. A seguinte xotnada visitábamos ao Pontevedra e repetía Rolán cun gol no 65, que era o primeiro tiro a porta dos deportivistas, que vían como lles empataban no 68, e amosábase unha vez máis a falla de gol e de creación de ocasións.

Chegaba o filial do Vigo a Riazor e o nivel das críticas arreciaban cando os sureños levábanse un encotro no que lle bastaban dous remates a porta, polo mesmo xogador e da mesma maneira. Borja Galán fixera o 1-, pero faltou o de sempre, (1-2). A idea era tapar bocas en Zamora, pero máis do mesmo, ao equipo zamorán, chegoulle un gol para levarse o encontro, (1-0).

Por mandato de ABANCA, segundo afirmou Fernando Vidal, destitueuse a Fernando Vázquez e chegou Rubén de la Barrera, pero nada trocou, o equipo sigueu sen gol e sen crear siquera ocasións. Derrota esperpéntica ante o Compostela, (0-2), sen reacción ningunha polo novo adestrador. De novo en Riazor na seguinte e empate ante Unionistas, (0-0), que chegaba coimo lider, pero que non sufreu para sumar un punto, ante a falla de gol dos branquiazuis.

Falábase de melloría no xogo e esperábase unha reacción na visita ao Coruxo e ca melloría ca aportación de homes coma Villares e Raí, pero voltaba o esperpento na primeira metade, (2-0), e sen gol na segunda. As críticas xa eran por tídilis costados.

Con moito sufrimento derrotábase ao Guijuelo, (1-0), pechacancelas da clasificación e a piques estivra de empatar no derradeiro supiro do encontro, pero non ter gol fixo do encontro un sufrimento, a pesares de que se comezaba a ver algo diferente. Xogábase a derradeira bala na visita a Ferrol, pero ese encontro a pesres de perder por 1-0, na única ocasións dos ferroláns, que amosaban unha vez máis que pouco facía falla acertar àra gañarlle aos deportivistas, pero a segunda metade amosou un troco no equipo, que se vería na volta a Riazor ante o Pontevedra, (1-0), con mellor fútbol, pero sufrindo de novo por falla de gol. 

 A visita ap Vigo B era crucial, e aí destaparon todo o fútbol os deportivistas, repaso ao filial celeste que chegaba “crecidito”, con goles, (0-3) e fútbol. Na derradeira xornada chegaba o lider, Zamora, e o equipo voltou a amosar boas prestacións, (2-0), pero non chegou, quedando fora do Play-Off de ascenso por 1 punto.

Tocaba loitar por tentar o ano que ven de novo o ascenso a 2ª División, pero as vibracións eran mellores, xa se vía un equipo que combinaba e que non se afundía cun só tanto en contra, ou que lle empatasen o encontro. 

 Chegou a loita por xogar na 2ª B Pro a vindeira tempada e o primeiro visitante foi o Marino de Luanco, e volveu a haber falla de gol. Un tanto de penalti de Miku, arranxaba o choque. Visitábamos ao Langreo e un só gol dos astures, chegaba para lembrar vellas pantasmas, (1-0). Non houbo nen goles, nen se crearon ocasións, ou erráronse as poucas que se tiraron a porta. Voltaba a complicarse a cousa e o visitante de Riazor era un Numancia que viña coma unha moto, con 5 vitorias consecutivas e a 2 puntos. 

Encontro moi complicado, pero adiantábamonos por medio de Celso Borges, e a pesares de que nos empataban, o equipo, agora sí, non se viña abaixo e acadaba a vitoria gracias a un gol de penalti transdormado por Miku. Puido sentenzarse o encontro, pero erráronse contras craras de gol. 

O resume é que a este equipo, que comezou con Fernando sendo un equipo ao que era imposible crearlle unha ocasión de gol, pasou a que ao equipo contrario lle bastase un gol para gañar ou empatar, ou a pecharse para sacar 1 punto, excepto o encontro do Compostela en Riazor, que gañou de 2 e con autoridade.

O equipo evolucionou, melloramos e saben o que xogan e o que queren, pero unha das cousas que máis nos segue a faltar é gol. Un deses homes determinantes, que unha que caza vai dentro e que temoriza as zagas, e tamén ese lanzador de faltas resolutivo. Faltaron toda tempada e faltan finalizadores, a pesares dos halagos que recibe Miku, que leva 5 goles, e 3 foron de penalti. Indudable o seu xogo de equipo, pero o que fan falla é goles.

 

Goles na liga : En 18 encontros, 14 a favor e 10 en contra

Goles na liguiña : En 3 encontro, 3 a favor e 2 en contra

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia