Riazor atesoura o record de socios da 2ª División.
Por segundo ano consecutivo o RC Deportivo pecha a campaña de abonos cunhas cifras de clube grande. Un total de 27.549 somos os que temos o abonon do Depor para esta campaña e cunha lista de máis de 10.000 en espera. Tralo remate de renovacións o clube foi consultado por órde de lista aos que esperaban facerse cun asento en Riazor. Tan só quedaban os abonos máis caros, pero o final cubreuse o máximo que pode dar o clube ao estar obrigado a deixar sen vender os que ten que deixar para venta en taquilla, afección visitantes, sponsors e patrocinadores, prensa, así como para uso propio en promocións, antre outras obrigacións.
Dado que en Galicia somos 2.740.000 habitantes por segunda vez consecutiva o clube e o deportivismo podemos presumir que 1 de cada 100 galegos é socio do RC Deportivo. Segundo un estudo do INE, (Instituto Nacional de Estatística), o Depor ten en Galicia unha afección do 45% dos galegos, moi por enrriba de equipos coma Madrid, C. de Vigo ou Barcelona, superando a suma dos 3 xuntos. O clube branquiazul é o que ten máis socios dos 22 que compoñen a 2ª División e por enriba da maioría dos da 1ª División.
-Foto e Texto . Xosé Búa “Pirata”