UN BERGANTIÑOS FEMININO CO PUNTO DE MIRA DESCAMBIADO CAE ANTE SUA “BESTA NEGRA” DESTA TEMPADA, O SD TORDOIA, NA 20ª XORNADA DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

1ª División Galega Feminina

A bergantiñana Trillo conducindo un balón.

 

-20ª Xornada-

SD Tordoia 2-0 Bergantiños FC 

 Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino) : “Partido no que o resultado final non refrexa o que se vío no campo, dado que o Bergantiños tratou de facer o xogo que vimos facendo sempre, tentando dominar, chagmos, creamos ocasións, pero non estivemos acertadas, pola contra elas tiveron unha ocasión en cada tempo e pódese dicir que tiveron unha efectividade do cento por cento, xa que marcaron neses dous acercamentos que tiveron a nosa porta. O Torodia adicouse a esperar atrás e a sair rápido, e nós tivemos infinidade de ocasións, pero ata nin en man a mans coa porteira, fomos quen de acertar. Tiros do borde do área, un remate baixo paus…pero as que outros días entran, desta volta non quixo entrar ningunha. Resultado inxusto polo que se veu no partido e que se levaron elas pola efectividade que tiveron”.

SD Tordoia :Nuria, Leticia, Andrea, Selena, Rebeca, Tamara, Marta, Jasmina, Laura, Carla, e AnaTamén xogaron : Lidia, Natalia e Sara.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Inés, Cruz, Inés,Cruz, Alejandra, Trillo, Laura Caamaño, Bnaca, Laura, Paula e Sofía. Tamén xogaron : Noelia, Alba e Isabela.

Goles : 1-0, Jasmina, (26´); 2-0, Jasmina, (58´).

Árbitro : Andrés Ferro. Amonestou a Carla polo Tordoia.

 

Proximo encontro

O Bergantiños recibe ao SD As Antas, derradeiro clasificado con 3 puntos. Agora hai parón polo Entruido, polo que o choque será o Domingo 5 de Marzal ás 16:30 horas, (se non hai troco), no “As Eiroas”, de Carballo. Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotou as das Antas do Ulla por 1-9, na 6ª xornada da liga 2022/23. 

Clasificación

As carballesas caen da 2ª a 4ªpraza, (promoción de ascenso), a 6 do lider, Sárdoma CF “B”, 2 do segundo, CD Lugo, e 1 do terceiro, Orzán SD.

 

 

-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto e Montaxe encontro : piratasdemuxia