UCHE ENTRA NA CONVOCATORIA PARA O DERRADEIRO TEST DE PRETEMPADA QUE SERÁ TELEVISADO.

 

Uche Agbo é a novidade na convocatoria de Fernando Vázquez para o encontro de mañán sábado a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), en Bembibre, no campo “La devesa” no que o Depor se verá as caras co Valladolíd Promesas, filial do Real Valladolíd e que competirá no Subgrupo B do Grupo 1 da 2ª B, polo que ambos poderían ser rivais na 2ª Fase se fan os deberes na primeira.

De cara ao choque de mañá sábado, o Atlético Bembibre, club anfitrión, solicitou permiso ás autoridades sanitarias para que poida haber público nas bancadas, con asistencia limitada a 500 afeccionados e con todas as medidas de seguridade derivadas da pandemia de COVID-19.

As entradas para o público custarán 10 euros e poderanse comprar nos despachos de billetes do propio Estadio La Devesa, desde 2 horas antes do partido.

O encontro será televisado pola canle de YouTube do clube : PREME AQUÍ

Diego Rolán que adestrou onte e hoxe cos compañeiros non entrou na convocatoria, así como Salva Ruíz, que tralas probas médicas que lle realizaron os galenos do clube sofre unha sobrecarga de adutores, unha lesión menor do que se prevía. Tamén son baixas por problemas musculares, Borja Galán, Rui Costa, o canteirán Sanmartín e o uruguaio Nacho González, este último por molestias no sóleo, pendentes de probas médicas.

 

LISTA DE CONVOCADOS

Mollejo pasouse por Abegondo

 

 

O ex deportivista Víctor Mollejo que ven de ser cedido polo Atlético de Madrid ao Getafe, aproveitando o parón polas seleccións na primeira división, pasouse por Abegondo a saudar aos seus ex compañeiros. O madrileño, cun forte sentimento deportivista facíase fai varias semanas socio do noso clube.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia