UCHE E ROLAN ADESTRARON CO GRUPO NA VOLTA O TRABALLO DO DEPOR.

 

Uche e Diego Rolan puxéronse esta mañá ás ordes de Rubén de la Barrera, no regreso do Dépor aos adestramentos, xa de cara ao partido deste domingo 24 de xaneiro en Riazor ante a SD Compostela, a partires das 17:00 horas, (16:99 GMT), retrasmitido en dirteo pola TVG2.

Os dous futbolistas completaron unha sesión marcada pola intensa choiva na Cidade Deportiva. Iso si, o dianteiro uruguaio retirouse na última parte, tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos.

Tamén Miku avanza na súa recuperación e xa realizou algunha tarefa co resto dos seus compañeiros.

Así pois, Keko, Bóveda, Claudio Beauvue e Héctor tiveron traballo específico, entre o ximnasio e o céspede; con exercicios supervisados polo readaptador, Fran Molano.

O técnico deportivista dispuxo esta mañá, após un quecemento, unha tarefa de posesión e unha serie de partidos no campo 2, nos que impartiu constantes instrucións aos seus xogadores.

Os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea, Javi Sanmartín, Iván Guerrero, Boedo e Guille Gueno adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá xoves haberá dobre quenda de traballo: 11:00 en Abegondo e 17:30 en Riazor.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies