UCHE AGBO TRASPASADO AO RC DEPORTIVO.

Uche lesionouse ante o Elxe no seu mellor intre da tempada.

 

Segundo unha información do xornal madrileño Marca, o RC Deportivo e o Standard de Lieja chegaron a un acordo de traspaso de Uche Agbo. Todo apunta a que o interese do xogador en voltar a Coruña foi clave para que o equipo belga dese o brazo a torcer, pois ainda lle quedaban duas tempadas en Bélxica.

Segundo o xornal estatal de Madrid chega o RC Deportivo en propiedade e asinará un contrato por 3 anos e nos que terá un aumento gradual do seu salario. De confirmarse a nova por parte do equipo branquiazul sería unhra gran noticia dada a gran calidade que atesourou o xogador senegalés baixo a batuta de Fernando Vázquez que o soubo exlotar tras comezar amosando moi pouco e ser clave no decaemento do equipo trala sua lesión en Elxe cando estaba impartindo bgran fútbol no centro do campo, no que se atopará con Celso Borges que xa adestrou hoxe en solitario en Abgondo, ante a parada do resto do equipo por un positivo en COVID-19 como xa vos informamos.

Tamén se clarexou o futuro para Vicente Gómez que asinou por 3 tempadas co Kerala Blasters da Superliga India, clube no que está o español Kibu, despedíase do clube e a afección.

O exxogador do Valencia CF e Rayo Vallecano,  Nicolas Ladislao Fedor “Miku”, de 35 anos de idade, cumpridos o 18 de Agosto, atópase na Coruña para asinar o seu novo contrato co Deportivo. O venezolano xa coñeceu esta mañá as instalacións de Abegondo e a súa fichaxe farase oficial en breve por unha tempada máis outra opcional. Só resta que supere a revisión médica. Miku desvinculouse fai tres meses do conxunto chipriota do Omonia Nicosia co que ven de ser campión de liga, e chega libre ao Depor para reforzar a dianteira con Claudio Beauveu, Rui Costa e o canteirán Adri Castro.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia