UC CEE FEMININO E ED ÁS MIÚDAS DESPIDEN A LIGA REGULAR DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO “C” CON SENDOS TRUNFOS POR 2-1.

2ª División Galega Feminina Grupo C

-10ª Xornada-

UC Cee femenino campión de liga.

 

UC Cee 2-1 CF Noia

Traballado trunfo das ceenses ante o 2º clasificado da liga, no día no que poñían remate a liga regular e celebraban cos seus afeccionados o campionato de liga. Non foi ata o treito final cando se vendeu todo o peixe que había no terreo d xogo, pois foi no 80 cando Ruth facía o 1-0, o que parecía que ía a ser definitivo, pero as noiesas pronto respostaron cun tanto de Lúa, 2 minutos despois. Non se acabou aí o reparto de golpes e no 86, Lucía Martínez voltaba a porñer as da Vila da Xunqueira por diante e desta volta sí que xa non se movería o marcador. Agora as ceenses tócalles esperar a ver o seu rival na Fase de Ascenso.

UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Barreiro, Lucía Casal, Nerea, Antía, Saray, Andrea, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Ruth, Ánxela e Laura.

CF Noia : María Julia, Noelia Mayo, Antía, Lúa, Antía, Noelia Niyaño, Fayna, Celia, Xulia, Sandra e Dominga. Tamén xogaron : Melania, Alba, Julia, Gema e Carlota.

 

ED As Miúdas 2-1 Victoria FC

As rapazas de Muros despiden a tempada cun trunfo cimentado na primeira metade, na que se poñían 2-0 con goles de Saray, (29´) e Gala, (39´), e moi traballado na segunda na que aguantaron a ventaxe ata o 78 no que acurtaban distanzas as santiaguesas cun tanto de Noa. Tocou xuntar as liñas e salvagardar a porta para sumar 3 puntos e finalizar a liga na 3ª posición, remontando as compostelanas por golaveraxe. As muradanas chegaron o choque con tan só 12 xogadoras, o que lle da máis mérito a este trunfo.

-Foto : Víctor Hugo/UC Cee

-Crónicas : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies